Obradoiro de hixiene de mans

 

A Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o día 5 de maio como o "Día Mundial do Lavado de Mans".

Para conmemorar esa data, todo o alumnado do colexio levou a cabo un obradoiro no que,

da man de María e dúas compañeiras enfermeiras coma ela, aprendemos o importante

que é para a nosa saúde lavar as mans de xeito adecuado.

Explicáronnos que os xermes que contaminan as mans

son os causantes dalgunhas enfermidades.


Aprendemos que as mans deben lavarse con auga e xabón

ou cunha solución hidroalcohólica. Empezamos palma con

palma, logo o dorso e sobre todo entre os dedos

intercalando uns entre os outros.


Unha vez lavadas as mans metémolas nunha lámpada

dotada dunha luz ultravioleta para comprobar se o

fixeramos ben. Utilízase en hospitais e centros de saúde

xa que permite observar as rexións que non están

correctamente limpas e desinfectadas.

Grazas a María e as súas compañeiras por compartir o seu tempo e coñecementos con nós.

Máis fotografías na nosa GALERÍA DE FOTOS