Magosto 2017

O venres 10 de novembro celebramos o Magosto. Foi un día moi intenso pero tamén moi especial.

Comezamos a mañá disfrutando das charlas

sobre o manexo do peón que impartiron

José Manuel Míllara, titor de 2º e

Manel Porteiro Rives, titor de 3º.

Grazas a eles aprendemos un montón e logo,

na hora do recreo, tivemos a oportunidade

de bailar o peón ou, polo menos, de intentalo!

 No tempo de lectura subimos ás aulas para colocarnos o noso distintivo de castaña: algúns cursos levaban

un colgante de castaña, outros levabamos unha cinta na cabeza e tamén había os que lucían a castaña

como un broche colgado no peito. Estabamos todos moi ilusionados por comezar!

Houbo cinco xogos polos que fomos rotando cada dez minutos ata participar en todos eles.

O alumnado de 6º fixeron de monitores dos xogos. Organizaron todo tan ben e axudáronnos tanto,

que ata o equipo directivo os felicitou!!!

   
   
   

Ao rematar os xogos, collemos os nosos cucuruchos de papel de xornal e algunhas nais da ANPA con moi boa vontade, enchéronos de castañas ben asadiñas polo conserxe do colexio.

Foi un momento moi agradable que disfrutamos xunto aos nosos compañeiros e profesores nun precioso día de sol.

Máis fotos no segunte enlace: GALERÍA DE FOTOS