Jacobo Fernández Serrano

O pasado venres 17 de febreiro visitounos o escritor e debuxante Jacobo Fernández Serrano, autor de obras como a coñecida serie “Marcopola”. Á súa presentación e charla acudiron case a maioría de todo o alumnado do Centro e puideron deleitarse non só cos seus incribles debuxos, senón tamén coas súas palabras.


O público rendeuse ao seu facer é ao seu trato cos pequenos, que puideron achegarse a el e pedirlle un autógrafo ao rematar a sesión. Jacobo tamén nos deixou unha das súas obras realizadas in situ diante de todos coa súa clásica impronta.


Jacobo estivo con nós como autor representante dentro do ciclo de visitas que organiza o Faro de Vigo nos centros educativos uqe están presentes, como o noso, no proxecto de Faro da escola.