11 de NOVEMBRO

Despois dun estupendo e longuísimo verán, por fin, chegou o esperado outono e con el o tempo de comer as exquisitas castañas asadas e celebrar o Magosto.


Este día 11 do 11 foi moi divertido para nós.

Os mestres José Manuel e Manel explicáronnos como se lanzan os trompos e como xogaban con eles os nenos na rúa. Ademais, José  Manuel, que é todo un experto, explicounos con todo detalle como se facían e que madeiras se usaban para construílos.

 Unha vez rematadas as charlas puidemos practicar este xogo coa axuda dos mestres, peeerooo non creades que é tan doado!!!

Rematamos cos trompos e pasamos a participar noutros xogos populares, esta vez con castañas: Xogamos a encestalas, ao tres en raia, a empurralas polo camiño da serpe, a bailar en parellas cunha castaña na fronte, a levar na boca unha culler cunha castaña e ata as carreiras de sacos!!! 

 Os compañeiros de 6º explicáronnos os xogos moi ben, correndo incluso algún perigo porque alguén levou algún castañazo que outro cando non atinabamos ben;))…

 
Para rematar a xornada, PREMIO: chegaron as castañas asadas!! Cada un de nós collemos un ou dous cucuruchos de castañas ben asadiñas, que ricas, tan quentiñas e chamuscadiñas!!! Acabamos coa cara e as mans negras e as barrigas cheas!!!!! MMMMMMMMmmmmmmmmmm, ñam , nñanm!!!!
   
 

Agradecémoslles a José Manuel, Celso e as nais que picaron e asaron as castañas con todo o seu cariño e a Esther e as monitoras do comedor que fixeron moitos cucuruchos con algún de nós!!!