ACTIVIDADE DE RELIXIÓN

 

O día 17 de outubro veu ao noso colexio un misioneiro: Rolando Ruiz Durán, de México.

Mostrounos un POWERPOINT do CHAD a todo o alumnado de relixión.

Vimos un colexio feito de palla, sen cadeiras, sen mesas nin libros; sentábanse no chan...

Explicounos que cada ano se celebra o día do DOMUND para que cos donativos,

os rapaces, onde estea un misioneiro, poidan ter unha escola mellor.

Xa podedes imaxinar a ledicia cando a escola se transformou nunha escola semellante á nosa.

A diferenza coa nosa é que tiñan un profesor para 80 nenos e nenas.

Que caladiños estivemos cando nos contou como un neno se salvou dunha mordedura de serpe sen menciñas.

"SAL DA TÚA TERRA" é o lema do DOMUND (“Domingo Mundial de las Misiones”) deste ano.

“SAL… É a invitación que nos fai o Papa Francisco para poñer ao servizo dos demais

o noso talento, creatividade, sabedoría e experiencia.

….DA TÚA TERRA”. Á orixe do misioneiro enviado a misión e tamén ao destino que chega.

Ao rematar escoitamos “o noso pai”  nun dialecto que se fala en Chad o “SARA”.

GRAZAS ROLANDO POR COMPARTIR A TÚA EXPERIENCIA CONNOSCO!!!

 

 

NA PRIMEIRA FOTO VESE A FILLA DUNHA COOPERANTE FRANCESA

XOGANDO E COMPARTINDO OS SEUS XOGUETES COS NENOS DA ALDEA.

NA SEGUNDA FOTO VENSE OS NENOS COMPARTINDO A AUGA.

 

 

Como  remate das actividades do DOMUND, todo o alumnado de relixión realizamos

un concurso artístico con distintas técnicas pictóricas: témperas, ceras, rotuladores,

collage con materiais diversos (goma eva, la, brillantina…).

Todos e todas votamos en segredo ao debuxo que consideramos máis creativo tendo en

conta a súa dificultade e a técnica utilizada.

Os gañadores foron:

PRIMEIRO PREMIOOLIVIA 5º

SEGUNDO PREMIOCAROLINA 5º

TERCEIRO PREMIO: YEMAIMA 5º, ÁNGEL 5º E ISMAEL 2º (empatados co mesmo número de votos) 

Ningún de nós quedamos sen agasallo!!!

Foi unha actividade que nos ensinou a ser máis xustos/as con todos/as

e a valorar o esforzo dos compañeiros e compañeiras.

 

PASÁMOLO MOI BEN!!!