ORDES DE NANA PARA O ENTROIDO

O entroido xa está aquí e no cole estamos cargardo pilas, por iso a nosa mascota Nana deixou unhas ordes para a próxima semana agás para o venres, onde cada nivel virá coas súas galas.

Estas son as ordes de Nana:

- Se fermoso ou fermosa queres estar o luns a "cachola" adornarás.

- Se o martes queres fardar o teu lombo tes que disfrazar.

- Cabeza, lombo e pés decorados o mércores debes traer.

- Se o xoves queres disfrutar a túa imaxinación deixa voar.

Powered by Drupal - Design by artinet