AXENDA MES DE XANEIRO

- Ao longo deste mes teremos varias charlas sobre COMPOSTAXE, tanto no propio cole como dende o río Maceiras, a onde nos desprazaremos se o tempo o permite.

 

- En sexto curso os martes 15, 22 e 29 teremos unhas charlas sobre sexualidade.

 

- O luns 21 as nenas e os nenos de quinto e sexto terán unha saída ao Teatro Afundación en Vigo para desfrutar dunha obra teatral en lingua inglesa.

 

- O martes 22 as alumnas e os alumnos de quinto farán unha saída a Santiago de Compostela.

 

- O mércores 30 celebraremos o Día Internacional pola Paz e a non violencia.

 

Powered by Drupal - Design by artinet