ARTE RUPESTRE EN SEGUNDO

Durante todo o primeiro trimestre o alumnado de 2º estivo investigando e aprendendo moitas cousas sobre a Prehistoria co obxectivo de saber como vivían as mulleres nesta época. Os últimos traballos que fixemos están relacionados coa arte. Así, elaboramos un mural empregando un aerógrafo paleolítico onde deixamos as pegadas das nosas mans, imitando a moitas das covas nas que os nosos antepasados tamén o fixeron. Ademais, probamos a pintar con plumas e cos dedos nas paredes e tamén simulamos a gravación de símbolos na pedra como nos petróglifos. Aquí podedes ver un resumo de todo.

 

Powered by Drupal - Design by artinet