RECOLLEITA DE CABAZAS NO FLORIANI

As nenas e os nenos de sexto visitamos á horta do Instituto Floriani para recoller as cabazas que plantamos o curso pasado. Agora toca pensar que facemos con elas: decoración para Samaín, unhas deliciosas chulas, unha nutritiva crema, unha rica tarta... aceptamos as vosas ideas!!! 

Agradecemos ao Instituto Floriani que nos deixe un pedaciño da súa horta para coñecer máis de preto a interesante arte da agricultura.

 

                     

 

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL

Neste mes de outubro realizaremos no cole unha actividade de Educación Vial dirixida pola Policía Local e a DXT, dende o luns 22 ata o venres 26.

HORARIO 

LUNS 22: 3ºA, 3ºB, 3ºC

MARTES 23: 4ºA, 6ºA, 6ºB, 2ºA

MÉRCORES 24: 4ºB, 5ºA, 5ºB, 2ºB

XOVES 25: 4ºC, 5ºC, 6ºC, 2ºC

VENRES 26: 1ºA, 1ºB, 1ºC

 

No seguinte enlace atoparemos actividades para traballar este tema cós nenos e nenas.

 

EDUCACIÓN VIAL

INICIO DO NOVO CURSO

Benvidas e benvidos ao novo curso escolar 2018/2019

 

As clases darán comezo o vindeiro mércores día 12 no seguinte horario:

09:00= entrarán os cursos 6º e 5º

09:30= entrarán os cursos 4º e 3º

10:00= entrarán os cursos 2º e 1º

Hora de saída para todos os cursos será ás 14:00

A partir do xoves o horario será o habitual para todos os cursos, de 09:00 a 14:00

LISTAXES DE AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

Xa podedes consultar  as litaxes definitivas das axudas para libros e material. 

 

 

TRABALLO COLABORATIVO E EN EQUIPO

No noso centro traballamos en EQUIPO: 


Powered by Drupal - Design by artinet