MODIFICACIÓNS AXENDA ABRIL

A xornada de convivencia queda aprazada para o día 03 de maio se o tempo o permite. 

VISITA AO PAZO DE LOURIZÁN

A semana pasada @s nen@s fomos de excursión ao Pazo de Lourizán en Pontevedra!

 

Alí descubrimos un pazo moi guai, o guía nos levou de paseo polos xardíns e monte da zona e nos ensinou as diferentes árbores e había algunha que tiña máis de 100 anos!!!

 

Tamén vimos unha pequena "estación meteorolóxica" na que observamos diferentes ferramentas para predicir o tempo como a veleta ou o anemómetro. Ademais, entramos dentro dun invernadoiro onde habían moitísimas flores!! qué chulada!!

 

Qué gran día de aventuras en Lourizán!

 

 

 

A NOSA HORTA!

Nestas últimas 2 semáns @s nen@s de 1º estivemos coñecendo o noso espazo para a horta.

 

Así, coñecimos as diferentes ferramentas que se empregan na horta como o sacho, a pá, a regadeira... e comezamos a prantar sementes de tomate, leituga e fabas!!

Logo de plantar as sementes estivémolas a regar e agora a esperar a que lles dea ben o sol para ver crecelas!!

 

Como mola a nosa horta!!

 

UNHA PROFE NOVA NO COLE

Este luns convidamos a Loly a avoa de Alejandro de 2º C, como experta agricultora para que nos axudase a pór en marcha o noso bancal do horto escolar. 
Explicounos como debiamos facer coa terra e o compós para que as nosas plantas crezan e amosounos como plantar porros e leitugas.
 
GRAZAS, LOLY!  
 

VISITA Á EXPOSICIÓN "REDONDELA NA PREHISTORIA"

No pasado mes de marzo os nenos e nenas de segundo fomos a unha exposición moi interesante no Multiusos de Redondela. Alí, Telmo amosounos moitas fotos de restos da prehistoria que hai na nosa vila explicounos unha chea de datos.
 
Grazas Telmo.
 

AXENDA DO MES DE ABRIL

 

  • Os nenos e nenas de 2º curso realizarán unha saída a Salinae Vigo: 2ºC martes 2, 2º A mércores 3 e 2º B martes 9.
  • O mércores 3 o 4º nivel realizará unha saída ao Museo de Pontevedra.
  • Os nenos e nenas de 1º e 2º irán ao Teatro Afundación o xoves 4.
  • O martes 9 o nivel de 6º realizará unha saída á praia xunto co alumnado da ESO para a recollida de lixo.
  • O xoves 11 6º terá un obradoiro de reciclaxe co IES Illa San Simón no patio do noso cole.
  • O venres 12 todo o alumnado e profesorado do centro realizaremos unha xornada de convivencia no Monte do Viso.
  • O día 24 visualizaremos todos os niveis unhas curtas no Multiusos.  
  • O día 26 realizaremos todos xuntos a nosa Quedada Literaria na contorna do Multiusos.
  • O martes 30 o alumnado de 6ºB asistirá a un Obradoiro de Poesía Visual.

VISITA AO INSTITUTO "ILLA DE SAN SIMÓN"

O pasado xoves día 7 de marzo as nenas e os nenos de sexto curso fomos de visita ao Instituto "Illa de San Simón", para coñecer as aulas, profesorado, pavillón, patio de recreo e algunhas das actividades que levaremos a cabo o vindeiro curso, cando xa estemos na ESO.

ORDES DE NANA PARA O ENTROIDO

O entroido xa está aquí e no cole estamos cargardo pilas, por iso a nosa mascota Nana deixou unhas ordes para a próxima semana agás para o venres, onde cada nivel virá coas súas galas.

Estas son as ordes de Nana:

- Se fermoso ou fermosa queres estar o luns a "cachola" adornarás.

- Se o martes queres fardar o teu lombo tes que disfrazar.

- Cabeza, lombo e pés decorados o mércores debes traer.

- Se o xoves queres disfrutar a túa imaxinación deixa voar.

Feira de Empresarias e Empresarios de Redondela (6ºCURSO)

En sexto estamos facendo un proxecto sobre os sistemas económicos e a semana pasada fixemos a 1º Feira Empresarial. Aquí tedes algunhas fotos:

CONTACONTOS ROSALÍA DE CASTRO

 

Este mércores 13 recibimos a visita de Enrique e Carlos, autor e ilustrador do conto de Rosalía.

Escoitamos a historia de Rosalía de Castro e os seus poemas, contados por Enrique, mentres Carlos nos debuxaba a caricatura da nosa autora galega.

Logo, pasamos a ser debuxantes e fixemos a caricatura de Rosalía seguindo os pasos que nos ía dando Carlos, e nos quedaron uns debuxos chulísimos! 

Somos todos uns pequen@s artistas!

Grazas pola visita ao grupo de "Polo correo do vento"

 

 

 

13 de febreiro. Día da Radio

Esta semana as nenas e os nenos de 6ºB tiñan que facer a radio do cole, así que, con motivo do Día internacional da Radio, achegámonos ao local de RADIO REDONDELA, para facer un programa colaborativo coa nosa radio local. Podedes escoitar a emisión na paxina web. Aquí vos deixamos as fotos da nosa visita:

 

AXENDA MES DE FEBREIRO

- Charlas no río Maceiras sobre compostaxe. Hoxe fomos os/as nenos/as de 2º e 3º. O mércores 6 irán os/as nenos/as de 5º e 6º curso.

 

- O vindeiro mércores 13 o alumnado de 1º recibirá un contacontos sobre Rosalía no usos múltiples do colexio.

 

- Realizaremos unha saída ó Museo de Pontevedra o próximo xoves 14, os nenos e nenas de 6º.

 

- Haberá unhas charlas sobre flora e fauna o 14 para 5º e o venres 15 para 6º.

DÍA DA PAZ 2019

2 DE FEBREIRO: DÍA DA CANDELORIA. CASAMENTO DOS PAXARIÑOS

CANCIÓN E ACTIVIDADES PARA O DÍA DA PAZ

Esta é a canción que cantaremos o 30 de xaneiro, Día da Paz:

No seguinte enlace poderedes acceder a unha páxina con recursos para traballar a Paz:

 

ACTIVIDADES PARA O DÍA DA PAZ

CREACIÓN DUN AUDIOLIBRO DE MULLERES ESQUECIDAS AO LONGO DA HISTORIA

No segundo nivel do CEP Santa Mariña estamos a desenvolver un proxecto educativo durante este curso que consiste e volver a contar a historia da Humanidade dun xeito positivo desde o punto de vista do xénero, é dicir, incluíndo a historia de moitas mulleres esquecidas e/ou deostadas polos prexuízos machistas.

A actividade que levamos a cabo neste sentido cos ipads foi a de crear un audiolibro onde o noso alumnado lle pon voz a algunhas das  mulleres que ao longo da historia foron silenciadas. Titulámolo:

As voces silenciadas

AXENDA MES DE XANEIRO

- Ao longo deste mes teremos varias charlas sobre COMPOSTAXE, tanto no propio cole como dende o río Maceiras, a onde nos desprazaremos se o tempo o permite.

 

- En sexto curso os martes 15, 22 e 29 teremos unhas charlas sobre sexualidade.

 

- O luns 21 as nenas e os nenos de quinto e sexto terán unha saída ao Teatro Afundación en Vigo para desfrutar dunha obra teatral en lingua inglesa.

 

- O martes 22 as alumnas e os alumnos de quinto farán unha saída a Santiago de Compostela.

 

- O mércores 30 celebraremos o Día Internacional pola Paz e a non violencia.

 

ARTE RUPESTRE EN SEGUNDO

Durante todo o primeiro trimestre o alumnado de 2º estivo investigando e aprendendo moitas cousas sobre a Prehistoria co obxectivo de saber como vivían as mulleres nesta época. Os últimos traballos que fixemos están relacionados coa arte. Así, elaboramos un mural empregando un aerógrafo paleolítico onde deixamos as pegadas das nosas mans, imitando a moitas das covas nas que os nosos antepasados tamén o fixeron. Ademais, probamos a pintar con plumas e cos dedos nas paredes e tamén simulamos a gravación de símbolos na pedra como nos petróglifos. Aquí podedes ver un resumo de todo.

 

BAILE NADAL

Canción para o Nadal


2:03 minutes (1.87 MB)

ALUMNADO DE SEGUNDO NA SAÍDA Á NECRÓPOLE DE MONTE PENIDE

Este mércores 12 de decembro, o alumnado de segundo fixo unha saída pedagóxica para visitar e coñecer os restos da Prehistoria que temos en Redondela. Para isto acompañounos Xurxo un arqueólogo da asociación "A Citania" quen nos deu todo tipo de indicacións e explicacións para que entendésemos  mellor como eran os nosos antepasados.

ARQUEÓLOGOS POR UN DÍA NO SEGUNDO NIVEL

As nenas e nenos de segundo durante este trimestre estivemos a estudar como vivían os nosos antepasados na Prehistoria. Descubrimos que con respecto á diferenciación de traballos por sexos estaban incluso máis adiantados ca nós. Tamén atopamos unha nova profesión super interesante a de ARQUEÓLOG@  e probámola por un día, mirade!

Powered by Drupal - Design by artinet