ADMISIÓN CURSO 2019/2020

Enviado por bandaseca o Xov, 31/01/2019 - 20:00

ADMISIÓN ALUMNADO

Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do día 1 ao 20 de marzo, ambos os dous incluídos.

Lugares e formas de presentación das solicitudes.

Documentación  necesaria que se deberá entregar:

a) Formulario de admisión ED550B

b) Se é o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

 

Nota: todo o alumnado procedente dos centros adscritos que fixo a reserva de praza escolar entre os días 01 e 15 de febreiro está admitido para continuar os seus estudos no cep Salustiano Rey Eiras na etapa de primaria. As listaxes deste alumnado admitido polo procedemento de reserva de praza están expostas no taboleiro de anuncios do Centro para a súa consulta pública.

 

RESERVA DE PRAZA

DO 1 AO 15 DE FEBREIRO está aberto o prazo de  RESERVA DE PRAZA para o vindeiro curso 2019/20. Este proceso só o teñen que realizar o alumnado de infantil e o de 6º, os que xa están no colexio non ten que facer nada.

ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL. Os centros adscritos ao Salustiano  son: Fernández Varela, Monte Carmelo, Vilariño e Granxa. Os alumnos destes centros poden reservar praza no noso centro. O modelo que enviamos aos centros se pode entregar no centro de orixe (pasaremos a recollelos) ou na secretaría do noso centro. 

O luns 4 de febreiro, faremos unha reunión informativa ás 17:30 h na biblioteca do centro para os pais/nais de centros adscritos.

ALUMNADO DE 6º: Aqueles/as alumnos/as que vaian ir ao IES da Pobra, entregarán a solicitude na súa titoría. Aqueles que vaian a outro IES deberán facer admisión do 1 ao 20 de marzo, no centro no que desexan continuar os estudos.

Na páxina: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, poden descargar o impreso. Si realizan a solicitude en liña, deben presentar a solicitude tamen na secretaría do centro no que desexen ser admitidos.

Mais información na orde de  25 de xaneiro de 2017 (DOG 1 de febreiro) que regula este proceso.

( categories: )