ANPA BANDASECA - Novo curso

Ola familias,

 

 

Xa está aquí un novo curso que comenzamos con algunhas novedades que vos iremos contando pouco a pouco, hoxe só o máis urxente.

 

 

Primeiro dar as gracias ós nosos compañeiros de batallas  e as súas familias, que este ano deixan a directiva pero estamos seguras de que seguiran axudando no que podan.

Temos confirmadas algunhas incorporacións, pero sempre faltan mans así que se vos apetece vir participar só tedes que decilo e mandarnos un correo.

 

E agora imos cas cousas do cole:

 

*Horario do mércores 12: de 11 a 13 horas.

 

Comedor e madruga comenzan o xoves 13precisamos que nos avisades antes do mércores, para poder comenzar o xoves, senón se retrasaría o comenzo das dúas actividades, enviade un correo ou chamade o teléfono da ANPA 634 96 41 75. As follas de inscripción de comedor e madruga están adxuntos neste correo.

 

* Este curso o facerte socio terás de forma gratuita AXENDAS ESCOLARES para os rapaces (ata fin de existencias e por orde de inscripción), só tedes que cubrir a folla de socios, o pago podedes facelo ata fin de ano. Lembrade que son 15€ por curso e familiae as familias que tamén sexan socias da ANPA do IES pagaran 10€ en cada ANPA. O seguro volve a ser de 5 euros por curso e cubre horario escolar, actividades extraescolares e saídas tanto do cole como da ANPA, será obrigatorio para os rapaces que acudan a extraescolares. Tedes adxunto no correo a ficha de inscripción.

A nosa conta está en La Caixa, se precisades o número avisádenos.

 

* A asamblea está prevista para o día 10 luns, para que podades recoller xa as axendas antes do comezo do cole, enviaremos correo.

 

* Adxuntamos calendario escolar, e follas de inscripción na ANPA, madruga e comedor, tedes dispoñibles os impresos tamén na secretaria do cole.

 

Un saúdo familias.

AdxuntoTamaño
Inscripción socios ANPA59.39 KB
Ficha comedor404.61 KB
Ficha madruga71.76 KB