ADMISIÓN CURSO 18/19

DO 1 AO 20 DE MARZO esta aberto o prazo de ADMISIÓN  para o curso 2018/19 para todo alumno que non realizou a reserva de praza para o centro adscrito. Recordamos que este proceso o teñen que realizar aqueles nenos e nenas que vaian cambiar de centro: aqueles de infantil que non están adscritos

Poden conseguir os impresos ben na secretaría do centro ou descargalos na páxina da Conselleria de admisiónalumnado. Desde aquí tamen poden facer a presentación telemática. 

DO 1 AO 15 DE FEBREIRO está aberto o prazo de  RESERVA DE PRAZA para o vindeiro curso 2018/19.

ALUMNADO DE 6º: Aqueles/as alumnos/as que vaia ir ao IES da Pobra, se o desexan,  poden  facela entregandoa no noso centro o impreso que lles facilitamos. Aqueles que vaian a outro IES deberán facer a solicitude de admisión no período ordinario durante o mes de marzo, no centro no que desexan continuar os estudos.

ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL. Os centros adscritos ao Salustiano  son: FernÁndez Varela, Monte Carmelo, Vilariño e Granxa. Os alumnos destes centros poden reservar praza no noso centro. Para facilitar o proceso, entregamos nos centros adscritos o modelo e poden entregalo no centro que están actualmente estudando, pasaremos a recoller todas as solicitudes unha vez rematado o prazo. 

Na páxina: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, na parte inferior poden descargar o impreso e cumprimentalo a man e, ou ben en liña, na mesma aplicación, na pestaña solicitudes / reserva de praza / crear solicitude, seguir as instruccións. despois teñen que entregalo no centro que están estudando

Mais información na orde de  25 de xaneiro de 2017 (DOG 1 de febreiro) que regula este proceso.