Skip to Content

Orientación

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA DISCAPACIDADE E OBRADOIRO "LEMOS E FALAMOS COAS MANS"

 
OS  DÍAS 4 E 5 DE DECEMBRO CONMEMORAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE NO CEP SABARIS. O LUNS 4 O ALUMNADO DE 1º E 2º PARTICIPOU NA XORNADA DE CONVIVENCIA ORGANIZADA POLO CEE JUAN MARÍA NO PAVILLÓN DE PANXÓN CON MOTIVO DO DÍA DA DISCAPACIDADE. PASÁRONO MOI BEN E TOMARON UN RICO CHOCOLATE!!
 
NO CENTRO CON TODO O ALUMNADO FIXEMOS UN OBRADOIRO DE ACHEGAMENTO AO SISTEMA BRAILLE E Á LINGUA DE SIGNOS. 
RESULTOU MOI DIVERTIDO LER E FALAR COAS MANS!!
 
AQUÍ  DEIXÁMOSVOS UN VÍDEO ONDE PODEDES VER A PARTICIPACIÓN DE TODO O ALUMNADO NAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS NA SEMANA DA DIVERSIDADE.
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!
   
 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - EDUCACIÓN EMOCIONAL NA CASA

O Departamento de Orientación anímavos a que sigades pasando moito tempo en familia. Deixámosvos a continuación unhas propostas didácticas para afondar na educación emocional que esperamos que vos gusten.

Desexámosvos a tod@s un feliz verán e boas vacacións.

Ata pronto e unha forte aperta!!

PROPOSTAS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A LINGUAXE

Propoñemos a continuación unha serie de actividades que se poden facer na casa para reforzar os aspectos lingüísticos en aqueles alumnos que o precisen:

Discriminación, integración e memoria visual:

Procura de elementos ou personaxes nunha imaxe (“¿Dónde está Wally?”). 

Xogo das parellas (memory). 

Realización de crebacabezas / puzles.

Articulación de fonemas:

Pensar palabras que empecen por un son determinado (por exemplo: palabras con R).

Lectura de palabras, frases e textos prestando atención á correcta pronunciación dos sons.

Conciencia fonolóxica:

Deletrear palabras.

Pensar palabras que empecen ou rematen por un son ou sílaba determinado.

Xogo das palabras encadeadas:

https://www.soyvisual.org/materiales/palabras-encadenadas-parte-1

Xogo do aforcado.

Vocabulario:

Xogo do “veo veo”.

Xogo “Da Habana veu un barco cargado de…” (por exemplo: “animais”: hai que dicir todos os nomes de animais que se nos ocorran).

Morfosintaxe:

Ordenar e explicar secuencias temporais de imaxes.

Contar contos.

Inventar frases a partires dunha palabra.

Xogo do “¿Quen e quen?”

Xogo simbólico.  Teatro.

Lectura e escritura:

Sopas de letras.

Palabras cruzadas.

Xogo do aforcado.

Xogo das parellas con letras e sílabas escritas.

Construír palabras con letras soltas.

 

Para calquera dúbida ou comentario, podedes poñervos en contacto comigo no correo: belenfr.al@gmail.com

Un saúdo

Belén Fernández Rocafort

Mestra de Audición e Linguaxe

Recomendacións para o traballo na casa

Estimadas familias:

Dende o CEP de SABARÍS suxerimos unha serie de pautas a ter en conta, co fin de axudar a facer máis levadeira esta situación, de por si complexa e incerta; que fai que os nosos alumn@s teñan que continuar polo momento co seu proceso formativo nas casas.

Na medida do posible, deberiamos tentar normalizar en cada un dos fogares a situación pola que están a pasar os nen@s e axudar entre tod@s para que non supoña, sobre todo unha experiencia que lles xenere ansiedade e angustia. Ao mesmo tempo, temos que intentar que os nen@s sigan evolucionando no seu proceso educativo.

 PAUTAS RECOMENDADAS

 HORARIOS E RUTINAS: aconséllase intentar manter unha rutina estable e similar a que tiñan os nen@s con anterioiridade a esta situación transitoria. Faise necesario establecer un espazo e un tempo aproximado no cal se levarán a cado as tarefas escolares; preferiblemente de mañá porque polo xeral os nen@s están máis activos mentalmente e soen ter mellor rendemento. Ademais xa están acostumados a traballar na escola nesa mesma franxa horaria.

En casos específicos, e en función da cantidade de traballo a realizar, pode ser beneficioso fraccionar as tarefas entre a mañá e a tarde.

PLANIFICACIÓN DO DÍA (sempre con certa flexibilidade): durante o almorzo pódese establecer que actividades se farán ao longo do día para estruturar o día e anticipar, na medida do posible, o que vai ocorrer (tempo de traballo escolar, tempo de lecer e actividades e horarios permitidos (TV, dispositivos móviles, consola,…), actividades de colaboración na casa,…). Tamén o consideramos un momento idóneo para escoitar e falar con tranquilidade, deixando que os nen@s se expresen (fagan preguntas, compartan ideas, fagan propostas e suxerencias,…).

COIDAR OS HÁBITOS XA ESTABLECIDOS: tanto os hábitos relacionados coa autonomía persoal (hixiene, alimentación, vestido,…) como os hábitos relacionados co traballo escolar (lugar e tempo de traballo/ estudo, responsabilidade e constancia na realización das tarefas, lectura diaria,…).

REALIZACIÓN DAS TAREFAS ESCOLARES ENCOMENDADAS: parécenos importante as seguintes aclaracións no momento de realizar as tarefas do colexio:

  • Facer as tarefas nun lugar axeitado, que favoreza a concentración.
  • Ter no lugar de traballo individual só o material necesario.
  • Facer individualmente as tarefas e só prestar axuda cando esteamos seguros de que realmente non son capaces de facelo por eles mesmos (evitar a sobreprotección).
  • Comezar e rematar unha actividade, non deixalas pola metade.
  • Avanzar na tarefa e deixar as dúbidas para o final.
  • Recomendar pequenos descansos cando vexamos que baixou o nivel de atención e concentración no traballo.
  • Motivar e reforzar positivamente o esforzo dos nen@s.

DESENVOLVEMENTO DA AUTONOMÍA PERSOAL: colaboración nas tarefas cotiás do fogar. A axuda do nen@s nas tarefas do fogar pódese, na meirande parte dos casos, facer a través do xogo, e así estarán máis motivados a axudar na casa.

Podemos xogar a (algúns exemplos):

  • Facer a clasificación da roupa que se recolle do tendal.
  • Facer de axudantes de cociña (limpeza, orde, cociñando,…).
  • Pequenos retos e búsquedas do tesouro.
  • Facer a limpeza e ordear a súa habitación.
  • Facer “misións especiais” (pequenos recados dentro da casa).
  • Etc.

Estamos á vosa disposición para aclarar calquera dúbida que podades ter con respecto ao traballo na casa cos vosos fill@s.

No caso de que o consideredes necesario comentade as vosas dúbidas ou inquedanzas co correspondente titor@ e xa eles se poñen en contacto connosco para coordinarnos.

MOITO ÁNIMO E UN SAÚDO AGARIMOSO!

Distribuir contido


    

by Dr. Radut