Skip to Content

25N

Con Motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista que se conmemora o 25 de novembro a nosa Biblioteca Escolar foi un fervedoiro de actividade e participación. Fixemos unha exposición de lecturas relacionadas coa temática en cuestión: Igualdade, respecto, valores e dereitos humanos son os temas que subxacen nos contos escollidos e traballados nas aulas. Fixemos murais e engalanamos todo o centro coas mensaxes da campaña “Muros en Negro” O xoves 23 de novembro tivemos a vitsita da Sra alcaldesa, Maria Xosé Alfonso, xunto con dúas representantes do CIM de Muros: Julia e Mari Carmen , que agasallaron aos nenos e nenas de todo o colexio cun exemplar da Guía dos Bolechas do Centro de Información á Muller de Muros. Fermosa a iniciativa coa que se pretende achegar ao alumnado a importancia do respecto, da empatía ou da autoconfianza. E, por suposto, que entendamos que os dereitos, son iguais para todas as persoas, independentemente do sexo, a raza, a posición económica ou a lingua que falen: “igualiños, igualiños”! As nenas e nenos do noso centro, o Ceip Ramón de Artaza, recibiron con ilusión o novo exemplar dos irmáns máis queridos pola rapazada, leron un manifesto comprometéndose coa igualdade e o respecto á diferenza e entrevistaron a alcaldesa que contestou pacientemente a todas as súas preguntas.

 

 

Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.

Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar. 

Adxunto un dossier compilatorio que elaborei recollendo os aspectos principais da formación recibida no CEIP Ricardo Tobío.

 

Preme na entrada para poder acceder ao dossier.

 

A FAXPG proporcionounos as Unidades Didácticas que imos desenvolver nesta segunda parte do curso para estudar e ir practicando os contidos seleccionados que teñen como obxectivo poder ter unha conversa sinxela. O material é gráfico e visual, así que vai ser de gran axuda.

Como imos desfrutar!!!

Preme na entrada para acceder ás unidades

Xa temos os nomes en alfabeto dactilolóxico. Gústanche?

Material usado na terceira sesión

Material proporcionado por Verónica Moreira para a primeira sesión da formación en LInguaxe de Signos

Este é o material proporcionado por Verónica para a segunda sesión. 

Nuns días publicaremos un resumo do material desta sesión cmpilado para que o poidades imprimir. 



by Dr. Radut