Skip to Content

Blogues

Seminario LSE

Gramática na Linguaxe de Signos Española.

Material usado na terceira sesión

Linguaxe de Signos. Primera sesión

Material proporcionado por Verónica Moreira para a primeira sesión da formación en LInguaxe de Signos

Linguaxe de Signos. Segunda sesión

Este é o material proporcionado por Verónica para a segunda sesión. 

Nuns días publicaremos un resumo do material desta sesión cmpilado para que o poidades imprimir. 

A NOSA VOZ

 NOSA VOZ. É o XORNAL do noso Colexio e volve ás rúas Guiño(pdf adxunto para descargar)

 

DÍA DO LIBRO 2021

Un contiño que nos conta a curmá de Yago de 3ºA polo Día do Libro. Moitísimas grazas Gore!

SEMANA DA CONVIVENCIA NA BIBLIO

Ola rapaces/as:

Como ben sabedes, estes días no cole estamos a celebrar a Semana da Convivencia. Na nosa biblio, coma todos os anos, realízanse contacontos e outras actividades relacionadas co tema, actividades divertidas, pero que nos axudan a relacionarnos, compartir e CONVIVIR mellor. Nesta entradiña vai algunha foto (adxunto) do contacontos de hoxe.

Dende este blog tamén queriamos compartir con vós este bonito conto de Anthony Browne. Agardamos que o disfrutedes!

El tunel de anthony brown

EU ROMPO A CADEA, E TI ?

As actitudes machistas e os comportamentos agresivos non nacen espontaneamente nos nenos senon que son conductas aprendidas. Nunha  sociedade na que aínda queda moito estereotipo e prexuizo machista, na escola temos moito que traballar para chegar a unha sociedade totalmente igualitaria entre homes e mulleres. No cole, hoxe é un día de reflexión, visionado de curtas e lecturas  sobre o tema. Ademáis aproveitando que o tema deste curso é o camiño de Santiago fixemos as nosas particulares "compostelas contra a violencia" onde apuntamos os nosos compromisos contra a violencia machista en todas as súas manifestacións.

Gustounos moito este video da biblio do CEIP Saco e Arce de Toén polo que vos deixamos aquí o enlace para que o vexades tamén nas casas.

https://youtu.be/gzsKoHqVmC8

25N - DÍA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Achégase o 25N , Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres e, no Ramón de Artaza, é un tema que nos tomamos moi en serio durante os 365 días do ano. Nembargantes, sempre nos gusta resaltar este día dun xeito especial para chamar a atención sobre esta problemática da nosa sociedade e reflexionar sobre a importancia da IGUALDADE de todos e todas independientemente do noso sexo ou condición.

Esta semana, na nosa BIBLIO, preparamos unha selección de lecturas sobre esta temática para que os/as profes deseñen algunha actividade específica a desenvolver nese día co alumnado (haberá contos, relatos, curtas...) que, de seguro, afianzarán o valor da IGUALDADE e o RESPECTO Á DIFERENZA que traballamos durante todo o ano e de xeito transversal.

Como sabemos, neste curso non poderemos facer xuntanzas grandes porén tódalas actividades pasan por ser a nivel de aula, máis non por iso imos deixar de traballar en temas importantes coma este.

Deixámosvos aquí o enlace a un fabuloso traballo levado a cabo polas traballadoras do CIM do noso concello, non deixedes de botarlle un ollo porque paga a pena !! Guiño

CONSTRUÍMOS IGUALDADE

                                                                                       

 

 

 

 

 
   

 

 

O MAGOSTO

O pasado luns 16 de novembro celebramos o MAGOSTO 2020. Este ano tivemos que adaptar a celebración ás características especiais deste curso pero, con todo, CELEBRÁMOLO!! Xogos populares, rimas e versos, debuxos e murais e, como non, a tradicional degustacións das castañas que estaban deliciosas!!!

Distribuir contido

        

 



by Dr. Radut