Skip to Content

UN COMPORTAMENTO, UNHA ACCIÓN

05/01/2019 11:41
Europe/Madrid

 

ANPA CADRECHE, e o CEP Pilar Maestú Sierra , estamos encantados de invitarvos a charla que terá lugar no noso centro, o próximo MÉRCORES, DÍA 09 DE XANEIRO DE 2019, en horario de 16:00 a 19:00 horas.

Roberto Aguado ten unha ampla formación en diferentes campos relacionados co ámbito educativo, e nomeadamente coa atención ás dificultades do noso alumnado, cunha forte influencia da Intelixencia emocional. Nesta sesión tratará de explicarnos cales son as plataformas de acción que se suceden, previas a un determinado comportamento, e como podemos axudar a xestionar isto para mellorar ese comportamento. Ensinaramos como se traballamos dende C.A.S.A, as situacións melloran, e como podemos facelo para que isto sexa así. 

Ten escrito libros como:

“Es emocionante saber emocionarse”

“La emoción decide y la razón justifica”

“SOS…. Tengo miedo a tener miedo”

E a colaboración no libro para familias e profesorado: “ Educación emocional y apego”

Sen dúbida, consideramos que grazas aos esforzos de ANPA CADRECHE, podemos contar cun grande profesional que pode aportarnos axudas interesantes para o día a día na xestión das nosas aulas, cada vez sen dúbida máis complexas.

PORQUE PENSAMOS QUE É UNHA OPORTUNIDADE ÚNICA, CONVIDÁMOSVOS A PARTICIPAR CON NÓS DESTA TARDE CON ROBERTO AGUADO!!!



page | by Dr. Radut