TAREFAS MÉRCORES, 1 DE ABRIL

Bo día!!!

As tarefas para hoxe son de Matemáticas e Lingua Castelá. Antes de realizar as tarefas de Matemáticas dedicade 3 minutos a ver un vídeo no que se repasa: que é un polígono?, como se calcula o perímetro? e como se chaman os polígonos segundo o número de lados?

Información que vos será necesaria para realizar as actividades.

Fai clic en VÍDEO.

Ó rematar repasade as táboas do 8 e do 9 a través deste xogo. Recordade, ademais, ler 10 minutos en voz alta e 10 en voz baixa. Podedes aproveitar e descargarvos algún libro que vos guste. No vídeo da publicación anterior explícavos como.

FELIZ MÉRCORES!!!