TAREFAS XOVES, 28 DE MAIO

Bo día!

O traballo de hoxe implica que botedes a voar a vosa imaxinación. Explicámosvos!!!

A todos nos encanta ler libros con seres fantásticos e orixinais pois transportannos a un mundo totalmente diferente ó noso e, gústanos pensar que realmente eses seres poden existir!Risa

Pois ben o traballo de hoxe consistirá en crear un ser fantástico. Para que vos sexa máis doado, primeiro, deixámosvos un exemplo, é o noso ser imaxinario. Debedes ler a descrición, gravala en audio e enviárnola. Despois, facer un debuxo de como vos imaxinades a nosa querida criatura.

Unha vez feito isto, tócache a ti crear o teu propio ser!!!Deixámosvos un guión para que vos sexa máis sinxelo!

Por último, debedes dar vida a vosa personaxe. Para iso, propoñémosvos a seguinte actividade de Plástica.

Para hoxe debédesnos enviar a gravación da lectura e o debuxo da nosa criatura.

Para o próximo luns pola mañá, a descrición do voso ser acompañado dunha foto con el/ela.

Feliz Xoves!!!!