TAREFAS MÉRCORES, 27 DE MAIO

Bo día,

As tarefas para hoxe son de Ciencias Sociais e Matemáticas. Son pouquiñas tarefas así que moito ánimo que as facedes prontiño!

En Ciencias Sociais, traballaremos O lugar onde vivimos. Sabedes que onte na videochamada falamos e explicamos cunha ficha en que país vivimos, en que comunidade, en que concello...? Pois ben, agora tedes que facer uns exercicios sobre ese tema. Se tedes algunha dúbida podedes consultar esa fichiña.

Ó rematar, faremos uns exercicios de Matemáticas. Nestes exercicios continuamos traballando o tema do Diñeiro. Xa vimos onte que á maioría se vos dá de marabilla.

Unha vez feito isto, estaría rematado o traballo por hoxe.

 

Feliz Mércores!!!Risa