CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Formalización Matrícula para o curso 2020-21

Quen ten que realizar este trámite?

Todo o alumnado que se escolarice por primeira vez no colexio.  Os nosos alumnos/as xa renovan automáticamente a matrícula sen precisar ningunha xestión.

Cando hai que facelo?

O  prazo establecido pola Consellería de Educación vai dende o día 1 ao 10 de xullo.  No colexio establecemos un horario de 9:30  a 13:30 horas

Que documentación hai que traer?

Para a formalización de matrícula teredes que traer ao CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán a seguinte documentación:

  • Anexo III de formalización de matrícula 
  • Folla Complementaria de matrícula
  • 2 fotos de carnet.
  • 1 fotocopia do DNI dos titores legais.
  • 1 fotocopia do libro de familia de tódalas páxinas que estén cubertas.
  • 1 fotocopia do DNI do alumno/a (se o ten)
  • 1 Fotocopia da cartilla sanitaria.
  • Certificado de matrícula do centro no que estaba escolarizado.
  • Certificado de empadronamento (solicitádeo no concello de Tomiño dicíndolle que é para o noso cole

Casos especiais:

  • En caso de separación ou divorcio  Sentencia Xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor (En caso de separación)
  • En caso de Alumnado ACNEAE: informes médicos achegados pola familia.

Como podo resolver calquera dúbida?

Podes enviar un correo a cep.pedro.caselles@edu.xunta.gal, ou chamar aos números 886110737 ou 886110738,  no mesmo horario de 9:30 a 13:30 h.-