You are hereBlogues / blogue deelias

blogue deelias


Radio UNCAS #3 Fin de Curso 2018 - 2019

Último programa da Radio UNCAS deste curso 2018-2019. Programa especial onde as nenas e nenos de 5º B repasan a actualidade deste ano, con colaboracións das nenas e nenos de 2º, e de Luis e Jorge e 4º. Coma sempre novas interesantes, receitas, chistes, recomendacións de lecturas, músicas, experimentos, curiosidades, ciencias, consellos e unha entrevista moi especial a o noso director Alfonso. Para o ano que ven moito máis. Bo verán e escoitámonos nas ondas da Radio UNCASSSSSS!!!!

 Para escoitar o programa pincha aquí!!!

Día do Libro na Radio Uncas

O pasado 23 de abril, as nenas e nenos de 6º de primaria pasaron pola Radio Uncas para falar de literatura, e máis concretamente da orixe do "Día Mundial do Libro". E xa sabedes, non deixedes de lerrrr!!!

 

 

Para escoitar o programa pincha aquí!

Guías Viaxeiras na Radio Uncas

As nenas e nenos de 1º e 2º pasáronse pola Radio Uncas para deixarnos as súas guías viaxeiras que elaboraron para a exposición universal que fixemos este ano no cole. Votádelle unha escoita que son moi interesantes! Para escoitalas pinchade sobre as imáxenes.

XAPÓN - 1º PRIMAIRA                                   MARROCOS - 2º PRIMARIA

Grupo Ecolóxico na Radio UNCAS

O Grupo Eclóxico do centro pasouse por Radio UNCAS e dixéronnos cousas moi interesantes... 

Escoita aquí o seu primeiro programa.

RADIO UNCAS #3

Terceiro programa da RADIO UNCAS, a radio do CEP Pedro Caselles Beltrán do concello de Tomiño. Coma sempre moitos contidos de interese, novas de última hora, contos, música, entrevistas, ciencia, chistes, receitas, concursos e moitos máis. Volvemos despois do Entroido. Viaxa nas ondassssss!!!!

 

Fai click aquí para escoitar o terceiro programa.

 

Radio UNCAS #2

Xa está aquí o segundo programa da Radio UNCAS, a radio do CEP Pedro Caselles Beltrán (Tomiño). Novas, chistes, historietas, curiosidades, ciencia, receitas, entrevistas, música, concursos e moito máis...!!! Se queres colaborar no noso programa ou participar no noso concurso escribe un mail a: uncasradiotv@gmail.com 

   

Pincha aquí para escoitar o segundo programa!!!

RADIO UNCAS

Xa está aquí a RADIO UNCAS, a radio do CEP PEDRO CASELLES BELTRÁN (Tomiño). Pinchando aquí podes escoitar o programa piloto da nosa radio: noticias, música, chistes, historias, artigos, investigacións, curiosidades e moito máis!!! Arrancamos!!!!

 

Escoita o noso primeiro programa pinchandoaquí