CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

blogue dealba

ESTAMOS DE ENTROIDO!

Maña é o gran día do desfile de Entroido, no que todos poderedes mostrar os vosos mellores disfraces.

Xa fomos preparándonos dende o luns seguindo os mandados do Meco. Esperamos que os cumprirades todos!

QUEBRARTE

Seguimos a traballar a arte dende a biblioteca!

Despois de Retrátate con gusto que tivo un gran éxito comezamos con Quebrarte. En qué consiste esta actividade? Partimos da obra El Puchero de legumbres de Giuseppe Arcimboldo.

Unha vez que os nenos coñeceron este cadro, fixeron a súa propia obra, decorándoa o seu gusto. Cando estivo rematada crearon un crebacabezas coa mesma. Por último, intercambiáronse os crebacabezas para intentar completalos.

 

 Ó igual que a anterior, esta actividade desenvolveuse durante os recreos.

 

VOLUNTARIOS NA BIBLIOTECA

Dende a biblioteca estamos levando a cabo un proxecto de voluntariado. Alumnos de 5º e 6º, distribuídos por grupos, encárganse das diferentes actividades que se desenvolven no Momento Lector.

Unha destas actividades son as Lecturas Compartidas que están a ter un gran éxito. Os nenos, supervisados por dúas mestras, prepararon ditas lecturas xunto con diferentes actividades.Todas elas do máis motivador e dinámico.  

Así, os alumnos de 1º puideron disfrutar do conto A que sabe a Lúa.

Os nenos de 2º escoitaron a lectura do libro Salvaje.

 

Os compañeiros de 3º disfrutaron do conto Blancanieves y los siete enanitos con representación incluída.

E por último, os alumnos de 4º deleitáronse co libro El viaje.

 Para ver todas as imaxes, prema aquí.

Como dicíamos anteriormente, estas actividades están a ter un grandísimo éxito, polo que se repetirán ó longo de Febreiro con outros grupos.

CUMPLEUNCAS

Este mes de Xaneiro celebramos o aniversario de varios compañeiros.

Moitos parabéns!

Aliméntate con Arte

Dende a Biblioteca estamos a traballar a arte durante os recreos. Unha das actividades que se están a levar a cabo é Retrátate con gusto. Todos aqueles nenos que o desexen poden transformar o seu retrato, empregando diferentes alimentos, en auténticas obras de arte como as seguintes.

 

Para ver todas as imaxes, prema aquí.

Aínda estades a tempo de apuntarvos e realizar o voso

Retrato con Gusto.

Animádevos!

 

COCIÑA CON CIENCIA

Debido ó gran éxito que tiveron os experimentos na biblioteca durante o pasado mes, en decembro  continuamos con esta actividade. Ademais de divertirnos, aprendemos multitude de propiedades que conteñen os alimentos.

Moitas grazas a todos os participantes!

Para ver todas as imaxes, prema aquí.

 

 

CUMPLEUNCAS

Este mes temos de aniversario a estos magníficos compañeiros e compañeiras.Moitos parabéns!

ANIMACIÓN Á LECTURA

 Durante o mes de Novembro, dende a Biblioteca,  realizamos multitude de actividades no Momento Lector.

 Os máis pequenos, recordaron o conto “León de Biblioteca”, para posteriormente realizar un marcapáxinas ca forma deste animal.

  Os nenos de segundo comezaron ca lectura  O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas”Ademais de recordar as partes da portada dun libro.

Os compañeiros  de terceiro e cuarto convertéronse en detectives. Por equipos, debían descubrir o título dun dos libros do noso menú lector “Ensalada de bruxas”.Máis adiante, traballarán co mesmo.

Por último, os alumnos de quinto e sexto, centráronse na elaboración dun mural co lema  Non á Violencia de Xénero. Dito mural, colocouse no panel da Biblioteca o 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Para ver todas as imaxes, prema aquí.

 

CUMPLEUNCAS

O pasado mes de Novembro tivemos de aniversario a varios compañeiros. Moitos parabéns!

Distribuir contido