CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

blogue dealfonso

Aberto o prazo para solicitar o servicio de comedor no curso 2020/21

Está aberto o prazo para solicitar praza no comedor escolar o próximo curso escolar 2020/21.

Deberedes presentar na Secretaría  o modelo que se adxunta, debidamente cuberto. 

Prazo 1º: ata o 10 de xullo (o día 29 de xuño non estará aberta a Secretaría)

Prazo 2º: Do 1 ao 8 de setembro

Impreso de solicitude (formato PDF)

Impreso de solicitude (formato DOC)

Radio Uncas na casa 1

Video da xornada da educación física na casa

Aquí tedes o resultado da vosa participación. Disfrutade todos e todas. E a polo seguinte desafío!

Resultado do acrosport

Temos unha pequena montaxe sobre os vosos envíos de acrosport.

Estamos moi agradecidos polo voso interés, e animamos a que máis nenos e máis nenas nos mostren as actividades de Educación Física que fan.

Podedes ver todas   as imaxes aquí

O muro dos recados

Hecho con Padlet

Comecocos deportivo

Ola de novo!

Co novo trimestre retámosvos a que volvades a facer algo de papiroflexia (origami).

Nesta ocasión, que vos parece facer un comecocos deportivo?

Pero iso sí, en lugar de buscar  quen é a persoa que che gusta,  terás que descubrir que exercicio físico farás. A que mola?

Primeiro terás que construir o comecocos. Non é preciso que imprimas o documento. Podes debuxalo a partir dunha folla de papel cadrada. Pincha na imaxe para ver o documento.

Xogo final antes das vacacións

Nova oportunidade para participar neste desafío

Esta vez debedes introducir o código 05449931

Agora o prazo remata o domingo! Sorte!

 

Coñecedes Kahoot?

E unha aplicación que funciona nos móbiles e tamén nas tablets ou ordenadores, para xogar a responder preguntas.

So tedes que buscar Kahoot no navegador, e seleccionar no enlace "Play Kahoot"

Temos unha batería de 15 preguntas sobre as actividades que vos propuxemos no blog, dende os xogos malabares ata o acrosport.

Antes de xogar, recomendámosvos revisar todas as actividades!

Para xogar: 

en Play Kahoot, introduce o código seguinte:

0124503

Logo deberás identificarte, poñendo o teu nome, e comezar o xogo.

Para cada pregunta tes un tempo de 20 segundos. Seleccionarás a correcta entre catro posibles respostas.

Acertar é importante, e tamén a rapidez na resposta.

Conforme xogues, irás vendo a clasificación na que quedas con relacións aos demáis participantes. 

Ah! Importante:  o desafío remata o luns 6 ás 12 da noite. Non o deixedes de facer!

Neste xogo pode participar toda a familia

Animo e sorte!

Acrosport en casa

Coñecedes o acrosport?  É unha actividade moi fermosa, sobre todo con moitos participantes.

Pero nesta ocasión queremos propoñervos un desafío na casa:  con dúas ou tres persoas (os que poidan), tentade facer algúns exercicios. Poñemos este video dun colexio de Extremadura como exemplo:

A que mola? Tedes que animar a toda a familia na casa. O noso desafío:

Compón as letras do abecedario que queiras, e envíanos unha foto ao correo:   efcaselles@gmail.com

Para iso escollede un fondo claro e neutro, se podedes.

Axudámosche con esta imaxe:

 

Ioga

Como complemento aos xogos, tamén podemos aprender a relaxarnos e poñer o noso corpo ben facendo algo de ioga,  Recomendámosvolo tamén para facer nalgunha sesión de educación física. Precisamos a axuda dos papis para guiar. Todos podemos!

Proposta de hoxe para os maiores

E aquí van as propostas para facer de terceiro a sexto. So precisades ter un par de dados para xogar. Seguro que hai na casa. Lede as indicacións e a disfrutar! (pinchando na imaxe)

Distribuir contido