CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

blogue demariacopena

Radio Uncas na casa 5

Bos días a todas e todos! Como cada luns aquí vos traemos un novo programa de Radio Uncas na casa. Neste caso o alumnado de 4ºB presenta un programa cargadiño de cousas co que despediremos a radio ata o curso que ven. Moitísimas grazas a todos os participantes e locutores/as e tamén a todas e todos os oíntes, agardamos que disfrutárades destes fantásticos programas. Bo verán!
 
 
 
 
Alumnado de 4ºB
"Miña casiña meu lar"
 
 

Radio Uncas na casa 4

Un luns máis aquí estamos cun novo programa de Radio Uncas na casa! Esta semana son as compañeiras e compañeiros 5ºB os protagonistas do programa e veñen contarnos como foi o seu primeiro paseo tras o confinamento. Desfrutádeo!

 
"O meu primeiro paseo"
 
Alumnado de 5ºB
 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Bos días! O domingo celebramos o Día das Letras Galegas e por iso hoxe queremos compartir con todas e todos vós este vídeo no que se recollen as palabras que máis nos gustan en galego. Presumamos de lingua!

         

Radio Uncas na casa 3

Benvidos unha semana máis a Radio Uncas na casa! As compañeiras e compañeiros de 4ºB traen, nesta ocasión, un programa cargadiño de novidades e de informacións interesantísimas. Animádesvos a escoitalo? Ides desfrutalo!

 

Miña casiña meu lar 

Alumnado de 4ºB

Radio Uncas na casa 2

Aquí estamos coa segunda entrega de Radio Uncas desde a casa! Nesta ocasión as compañeiras e compañeiros de segundo curso veñen contarnos que tal están a ser os seus días de confinamento. Desfrutade!

Radio Uncas na casa 2

Alumnado de 2º: Estamos confinados  


Distribuir contido