Decembro 2022

Recomendacións lectoras

A través da lectura podemos viaxar a diferentes lugares, coñecer novas personaxes e vivir milleiros de aventuras! Por ese motivo deixámosvos as nosas recomendacións lectoras! Anímate a ler!  

Unha postal polo Nadal

O Consello da Infancia e a Adolescencia de Tomiño “Voces Novas” volve a pór en marcha unha nova edición de “Unha postal polo Nadal”. Baixo esta iniciativa os nenos e nenas do cole escribiron con moito agarimo e ilusión postais para os maiores de Tomiño.

Pica na imaxe para acceder á presentación.

3 de decembro. Día Internacional da discapacidade

Durante estas semanas conmemoramos o Día Internacional da discapacidade. Para iso o labor dos voluntarios/as da biblioteca foi fundamental. Xa que, permitiron que coñecésemos diversas historias a través das recomendacións lectoras. 

Moitas grazas a todos e todas pola vosa implicación a favor da inclusión! 

Pica na imaxe para acceder á presentación. 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer