Skip to Content

Educación Física

HORARIO DO XIMNASIO CURSO 2018/2019

  LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
1ª    9:30-10:25
 
 5ºB
4ºA
3ºB
 3ºA
2ª   10:25-11:15
 5ºA
6ºA
6ºB
5ºB
6ºA
3ª   11:15-12:05
6ºB
3ºA
2ºB
5ºA
 4ºB
 4ª   12:35-13:25
4ºA
1ºB
2ºA
1ºB
 2ºB
5ª  13:25-14:30
4ºB
1ºA
 3ºA
 1ºA
 2ºA

 

 RECOMENDACIÓNS PARA A CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA

CURSO 2018/ 2019

 

EQUIPAMENTO PARA A CLASE: 

· CHANDAL OU ROUPA DE DEPORTE E CALZADO AXEITADO PARA A ACTIVIDADE FÍSICA.

 

· TOALLA, XABRÓN, CAMISETA PARA MUDAR E UNHA BOLSA/MOCHILA PARA TRAER TODO.

 

 

OUTRAS RECOMENDACIÓNS:

· DEBIDO Á IMPORTANCIA QUE LLE DAMOS NO COLEXIO AO ASEO PERSOAL, TEMOS POR HÁBITO QUE OS DÍAS QUE OS ALUMN@S TEÑEN CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA SE ASEEN, PARA O CAL SOLICITAMOS A SÚA COLABORACIÓN.

 

OS HÁBITOS DE HIXIENE SON UN CRITERIO DE AVALIACIÓN DENTRO DA MATERIA DE EDUCACIÓN FÍSICA, POLO QUE SERÁN VALORADOS E AVALIADOS.

 

 

AGRADECEMOS A SÚA COLABORACIÓN

 
 

EXHIBICIÓN DE MUSHING

Hoxe no cole tivemos a orpotunidade de gozar dunha exhibición de MUSHING de mans do club Kennel DEN, o primeiro club de mushing e montañismo de Arousa con sede social en Catoira.

A organización do evento correu a cargo da mestra de Educación Física Noelia Piñeiro, competidora de élite de bikejoring (bicicleta con can de tiro).

Antes de realizar a actividade práctica no campo de bolos emprazado frente ao colexio, alumnado e profesorado asistimos a unha breve charla sobre este deporte regulado pola Real Federación Española Deportes de Inverno.

Todos e todas pasámolo xenial e quizáis... algún neno ou nena estea disposto/a a unirse ao club. Sería estupendo non?

Deixámosvos unhas fotografías da actividade 

 

XORNADAS DE CICLISMO

 

XORNADAS CICLISTAS 2016

Durante esta semana o noso centro escolar ten o privilexio de participar nunhas interesantes xornadas sobre ciclismo.

De mans de David, o monitor que imparte ditas xornadas, e co apoio do profesor de Educación Física, os nenos e nenas aprenderán o manexo da bicicleta de xeito seguro, respectando as normas de seguridade vial, participando en circuítos organizados nas instalacións do propio centro.

 Este ano a Volta Ciclista a España culminará unha etapa en Baiona, polo que se algún dos nenos ou nenas do colexio son seleccionados/as, poderán compartir unha xornada cos propios profesionais da Volta.

Se queredes obter máis información sobre o evento, podedes consultar as seguintes páxinas web

La vuelta junior Cofidis

La vuelta junior


   

Distribuir contenido


by Dr. Radut