Día Rosalía de Castro 2024

Esta semana imos coñercer un pouquiño máis a Rosalía de Castro. O venres 23, data do seu aniversario, recitaremos algúns dos seus poemas na nosa biblio Anisia Miranda, na que pariciparán alumnado, profesorado e familias. 

 Estades convidados a facer caligramas cos seus  poemas.

ENTROIDO 2024

Esta semana celebramos o entroido coa temática  "Artes e Oficios" e, a pesares da chuvia, puidemos gozar dun tempo en compañía todos e todas xuntas: familias, profes e alumnado.

As 7 artes ( arquitectura, escultura, danza, literatura, música, pintura e o cine) a través dos oficios, algúns/as das súas  representantes, e os conxerses chegaron da man do 1º ciclo; os exploradores e exploradoras fixeron descubrir un 2º ciclo mergullado nas conquistas e nas viaxes e no 3º ciclo os oficios antigos achegáronnos un pouquiño máis aos nosos antepasados recentes.

As larpeiradas do entroido puxeron o toque doce da festa...Un día e un día! As merendas saudables hoxe saltámolas un pouquiño!

O alumnado de 6º preparounos unha sorpresa teatral con coplas para enxuiciar ao meco e a mequiña que non remataron nada ben. O lume fixo a súa presencia queimando con eles todas as culpas...se é que algunha había! 

Grazas por compartir!

 

                                                                                    PULSA NA IMAXE

 

ENTROIDO

Entroido

A vindeira semana imos celebrar o entroido no cole de Neira Vilas. Deberemos obedecer os mandatos do meco ou mequiña e  mañá comezará a primeira orde.

Deixámosvos as ordes aquí e se enviarán tamén por abalar.

A festa será o vindeiro venres 9 a semana que vén publicaremos o programa.

Obradoiro de poesía con Marta Dacosta. 5 de xuño de 2023

Este luns estivo Marta Dacosta no noso cole achegándonos a figura de Don Paco del Riego. A poesía e a ilustración encheron a aula e a imaxinación dos cativos e cativas.

Marta Dacosta,  poeta do Val Miñor e Peitieiros, fíxonos pasar momentos de ilusión, entusiasmo, creatividade e moitos sorrisos. Moitas grazas Marta, por facer da poesía un camiiño a percorrer e un mar onde mergullarse.

Semana das Letras Galegas 2023

No colexio CEP Xosé Neira Vilas celebramos as Letras Galegas con moitas actividades para gozar e mimar á Nosa Lingua.

Saída pedagóxica ao bosque da Lingua e da Memoria, no que gozamos do contacontos de Ixeo, grazas á comunidade de Montes de Couso.

Plantamos camelias no recuncho adicado a Rosalía de Castro.

Traballos de investigación para coñecer a Francisco Fernández del Riego cun Tíralle da Lingua dedicado ao autor das Letras Galegas 2023.

Visita da Agrupación Sisto, formada por Manu alumno de 6º do centro e a súa familia, amenizou coa súa música e baile a xornada, facéndonos vivir a música tradicional galega.

Para rematar e agradecer a todos e todas a participación nesta semana, entregouse o lapis máxico para tirar das verbas en galego.

Pincha na imaxe para ver a presentación


 

 

Premios Enreguéifate 2023

A Neira Horta do noso colexio está de celebración xa que unha das nosas clases foi a gañadora no apartado REGUEIFA MÁIS AGUDA da categoría escolar. Os e as gañadoras asistiron ao acto da entrega de premios celebrado, no auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Convertíndose en toda unha experencia para o alumnado e mestres do noso colexio.


Aí vai a regueifa gañadora para que a disfrutedes, e unha mención ao noso premio nas redes sociais do Enreguéifate.

 

PULSA NA FOTO

 

 

 

DÍA DAS ARTES GALEGAS

Co gallo da celebración o 1 de abril do Día das Artes Galegas, creado pola Real Academia Galega de Belas Artes en 2015, queremos dar visibilidade á gañadora premio Mestre Mateo 2023 como divulgadora da nosa lingua galega.

Dende EDL, invitámosvos a ver os episodios de divulgación do galego na rapazada.

Preme na imaxe para ver os vídeos


 

Inicio de sesión