Skip to Content

Complementarias

MUSEO DO MAR

O 18 de xaneiro os alumnos e alumnas de 3º e 4º nivel fomos ao Museo do Mar.

Os nenos e nenas de 3º introducímonos nun obradoiro de "Técnicas de pesca" como mariñeiros. Tamén xogamos a pescar e visitamos o acuario, onde nos entusiasmamos cos diferentes animais acuáticos.

O alumnado de 4º convertímonos en auténticos arqueólogos por un día, facendo unha escavación na procura de pezas da época dos castrexos para averiguar como vivían.


 

VISITAMOS O MUSEO SALINAE

O día 17 de novembro os nenos e nenas de 3º e 4º nivel visitamos o Museo Salinae. Alí explicáronnos a impotancia do sal para os romanos: desde a súa obtención ata os seus diferentes usos. A visita gustounos moito. Pasámolo xenial!

Tamén merendamos no parque do Castro, onde aproveitamos para xogar un ratiño.

 



 

CONCERTO ESCOLAS PROVAL

Como noutras ocasións, Paula Carreras profesora de música do IES Escolas Proval de Nigrán, ofreceunos un marabilloso concerto interpretado polo seu alumnado, con pezas musicais do agrado de todos e todas. Entre os compoñentes do grupo, puidemos ver a ex-alumnos/as do noso colexio. Que ben o fan tod@s!

Sempre é un pracer contar con vós. Agardamos que non deixedes de visitarnos.




OS TESOUROS DO VAL MIÑOR

O pasado martes , o Obradoiro de Emprego Valmiemprega estivo no noso Centro dando unhas charlas sobre Patrimonio no Val Miñor.

Fixeron unha serie de xogos cos que aprenderon algo máis dos tesouros do Val Miñor.

 
 

A AVESPA VELUTINA, UNHA AMEAZA REAL

O venres 20 de abril José Ramón Suárez, o Delegado da Asociación Galega de Apicultura (DAGA), impartiu unha charla a todo o alumnado e profesorado do colexio, sobre a importancia de exterminar, de xeito controlado, unha das maiores ameazas para os nosos montes desde fai uns anos, "A AVESPA VELUTINA"

Esta especie foránea, orixinaria de China, acaba coas nosas abellas e polo tanto coa polinización e a producción do mel dos nosos bosques.

José Ramón Suárez deunos instrucións de como  facer trampas para atrapalas e así protexer á nosa especie.

 

Se dexexas obter máis información fai clic nesta imaxe para acceder á Asociación Galega de Apicultura


 

O Seprona co medio ambiente

O seprona impartiu o martes 10 de abril, unha charla promovida por Voz Natura para concienciar aos nenos e nenas da importancia do coidado do medio ambiente.

Dous axentes da Garda Civil foron os encargados de impartir esta didáctica charla na que o alumnado, desde 1º a 6º curso, aprendeu algo máis sobre as accións necesarias para protexer a natureza e sobre o traballo que as forzas de seguridade levan a cabo para conseguir este obxectivo.

Colaboremos todos e todas por preservar o noso.


 

Distribuir contenido


by Dr. Radut