11 febreiro

O 22 de decembro de 2015, a Asemblea Xeral decidiu establecer un Día Internacional anual para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212.

O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra o 11 de febreiro, é implementado pola UNESCO e ONU-Mujeres, en colaboración con institucións e socios da sociedade civil que teñen como obxectivo promover ás mulleres e as nenas na ciencia. Este Día é unha oportunidade para promover o acceso e a participación plenos e equitativos na ciencia para mulleres e nenas.

Este ano tivemos con nós a Rosario Domínguez Petit (Mima), para falarnos e aprender con ela sobre as Ciencias Mariñas e das moitas mulleres científicas do mundo e de Galicia.

Moitas grazas Mima!!!!

Felices festas para toda a comunidade escolar.

Queremos agradecer a toda a comunidade educativa a súa implicación e colaboración neste primeiro trimestre de curso escolar 23-24, e desexarvos un aninovo de moita paz, moita saúde e bos momentos que todo o demais xa se vai facendo.

Feliz e ventureiro aninovo 2024 para todos e todas!

 

 

19 de decembro- Carreira solidaria"unoentrecienmil" contra a leucemia infantil.

O pasado 19 de decembro, participamos na carreira “Unoentrecienmil”  para conseguir fondos para a investigación na leucemia infantil que se realizou no adro da igrexa de Peitieiros, lindeiro ao centro escolar. Na carreira participou todo o alumnado , mestres e familias. A ilusión acompañou en todo momento a actividade e os panos dourados penduraron de cada baliza, nas mans, nas mentes e nos corazóns da nosa escola.

Máis de 1200 coles participaron nesta iniciativa que promove a fundación. Desde o ano 2015 máis de millón e medio de nenos de toda España correron nos coles para axudar aos nenos e nenas enfermos de leucemia a saír adiante, recadando fondos para a investigación da enfermidade. https://unoentrecienmil.org/

Á volta das vacacións de Nadal informarémosvos dos cartos recadados, porque aínda se seguen aportando.

 

 

13 a 17 de marzo Semana da Educación Vial

 

 

 

 PULSA NA FOTO PARA VER O VÍDEO

   

 

Esta semana, dende o 13 ao 17 de mazo, as bicicletas, patinetes e karts serán as protagonistas no circuito creado pola Dirección Xeral de Tráfico para que o alumnado se achegue a Educación Vial dun xeito lúdico, informativo a través das charlas que previamente se lles ofrecen e coa vivencia das sinais,velocidade, as normas do bo uso de bicis e patinetes e usuarios de transporte e como peóns.

Ademais da información sobre os sinais e o comportamento, a educación viaria para o alumnado inclúe educación en valores como o respecto, a responsabilidade, o compartir o espazo, etc. Trátase de ensinar aos pequenos as prácticas e hábitos relacionados co coidado e a protección das persoas que utilizan a vía pública. Cando estes hábitos apréndense a unha idade moi temperá, contribúese a evitar accidentes.

 

Recadación Save the Children

  Dende Save the Children fannos chegar o seguinte que se reproduce literalmente:

 

Prezados amigos e amigas:

O 21/03/2023 recibimos un ingreso pola cantidade de 1281€ do voso centro.

En nome dos nenos e nenas do noso programa queremos darvos as grazas polo voso esforzo e implicación.

Facede extensible este agradecemento aos vosos compañeiros e compañeiras, que trasladaron toda a ilusión polo proxecto ao seu alumnado, quen se mobilizou e se puxo en marcha tódolos recursos ao seu alcance: o seu propio esforzo e foron o altofalante para que a súa contorna coñecera a complexa situación que atravesan milleiros de nenos e nenas.

E, por suposto, grazas ás familias do voso centro, que aportaron o seu gran de area en forma de doazón económica. A vosa axuda permítenos seguir traballando polos dereitos da infancia e lograr que nenos e nenas sobrevivan, teñan acceso a unha educación de calidade e estean protexidos.

Grazas por darlles a oportunidade de seguir soñando:

https://www.youtube.com/watch?v=4dqWFipWDfI

Axuntamos un diploma para o centro e un recibín para compartir partillar con toda a comunidade educativa. Ao final do curso recibirédelo en papel na lingua que solicitastes o material, xunto a memoria da actividade.

Grazas dende o Equipo de Programas en Centros Escolares.

 

Día Internacional da Muller

Dentro das actividades programadas para conmemorar o Día Internacional da Muller, hoxe contamos coa presenza do espectáculo “Circo na casa”, unha actuación promocionada polo concello de Gondomar. Trátase dun número de circo en prol da igualdade de xénero, que ten como protagonista un pallaso, interpretado por David Merelas.

 

 

A través da súa interprestación, e mesturando divertidas situacións e xogos malabares, tratará de concienciar sobre a importancia dos roles dos homes e mulleres respecto das tarefas domésticas.


 

Conócelas: Muller e Ciencia

Co gallo de conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado de 5º e 6º curso, participou nunha charla impartida pola investigadora do Programa Miguel Servet, no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, Mónica Martínez. De primeira man, os nenos e nenas, tiveron a oportunidade de coñecer a traxectoria profesional dunha muller científica no campo da oncoloxía.


Aprenderon aspectos moi interesantes respecto da investigación sobre o cancro, ademais de animar as nenas, especialmente, a interesarse polo ámbito científico.


Mónica Martínez deu a coñecer ao alumnado ASEICA, "Asociación Española de Investigación sobre el Cáncer", e a iniciativa CONÓCELAS, cuxo obxectivo é dar visibilidade a investigadoras científicas do cancro.


Grazas a Mónica Martínez pola súa magnífica exposición e pola súa implicación e o seu labor de investigación desta patoloxía


 

Inicio de sesión