AVISO SOBRE BECAS. AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2023/24

 

Este curso hai unha novidade importante nestas becas. TODAS AS FAMILIAS, independentemente do nivel de renda, poderán solicitar un subsidio para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización de alumnado con necesidade específica de apoio educativo, que ten unha cantidade fixa de 400€ € que poderá ser percibido por todos os que soliciten esta beca e que será compatible co resto de axudas e subsidios regulados na convocatoria.

 

Estas axudas están dirixidas a alumnado que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:  discapacidade, trastornos graves de conducta, ou trastornos graves da comunicación e linguaxe, trastornos do espectro autista e altas capacidades.

 

O prazo de presentación de solicitudes é ata o 20 de setembro inclusive.

 

 

Formación Familias

A Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE) a través da súa organización en Pontevedra, COGAMI, presenta para as familias unha serie de formacións on-line.

Podedes consultar a oferta e inscribiros seguindo a información do documento adxunto a continuación.

Formación COGAMI-COCEMFE

O prazo de inscrición está ampliado ata o 28 de setembro.

Guía A familia, núcleo das primeiras aprendizaxes

Estimadas familias,

A Deputación de Pontevedra e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) acaban de facer pública a guía A familia, núcleo das primeiras aprendizaxes, unha publicación en galego que pretende axudar a nais e pais na educación das e dos fillos en temas como a motivación, a disciplina, a lectura, as emocións e a xestión de conflitos, e a educación afectivo-sexual.

Trátase dun traballo que inicialmente ía consistir en obradoiros de traballo presencial coas familias, impartidos nos concellos de Bueu, Cambados e Vigo, mais a pandemia obrigou a que se reformulase. Así, finalmente concibiuse como unha serie de artigos realizados por persoas ensinantes, orientadoras e bibliotecarias, agrupados nunha guía impresa.
Deixámosvos o enlace que contén o documento de 25 páxs. por se pode ser do voso interese (clic na imaxe)

DISCAPACIDADE SENSORIAL AUDITIVA

A organización de Discapacidade Sensorial de Galicia, XOGA, acudiu ao colexio para impartir unha charla na que dar a coñecer e sensibilizar á comunidade educativa sobre a xordeira, un tipo de discapacidade sensorial, moitas veces invisible para os oíntes, e que é importante coñecer para integrar ás persoas que a sofren, na nosa vida cotiá.

Tanto Pilar, a secretaria xeral da asociación, como Carmen, con discapacidade sensorial auditiva, presentaron o tema de forma moi dinámica e práctica e contestaron a todas as preguntas e curiosidades dos nenos e nenas.  


 

CHARLA ASOCIACIÓN AMAINA

A asociación AMAINA, asociación para a promoción da saúde, impartiu charlas informativas no noso centro sobre Habilidades Sociais en 1º e 2º ciclo e Coeducación e Prevención de Condutas Sexuais no 3º ciclo.

Por medio dunha serie de dinámicas, os máis pequenos traballaron estratexias para unha mellor xestión das emocións nas relacións sociais e os maiores abordaron temas tan interesantes e controvertidos como, os estereotipos sociais  e os cambios na adolescencia, así como problemáticas sexuais propias desta etapa da vida.


 

EDUCACIÓN SEXUAL

O alumnado de sexto curso recibiu no mes de maio de 2018 unha charla sobre Educación sexual. Beni, unha experimentada comadroa, é a persoa encargada de explicarlles aos nenos e nenas os cambios que sofren nestas idades coa chegada  da puberdade, así como unha serie de consellos que, sen dúbida, seránlles de gran axuda e utilidade para o seu bo desenvolvemento madurativo.

Grazas Beni pola túa desinteresada colaboración e o importante traballo que realizas co noso alumnado.


 

Habilidades Sociais

Comezaron no colexio, os Obradoiros de Habilidades Sociais, que se van realizar durante varias sesións neste mes de Xaneiro. Neles o alumnado aprenderá a coñecerse, a coñecer aos demais e a reolver conflitos.

 

Inicio de sesión