Skip to Content

Actividades para todos e todas

Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC

Dende a Unidade de Cultura Científica (UCC) do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (CSIC) estamos a preparar a campaña #ArelaDeMar en redes sociais con motivo do Día Mundial dos Océanos declarado pola  ONU que celébrase o 8 de xuño a nivel global.

Unha arela é un desexo, un degoiro, un devezo moi forte de algo e a ansia por conseguilo. Cremos que na situación que estamos vivindo, moita xente comparte a arela de volver gozar co océano (nas praias, paseando ao seu carón, etc.), pero tamén que moitos teremos reflexionado sobre a importancia de coidalo e teremos arelas dun mar limpo, libre de plásticos, sen acidifación e cheo de vida diversa. Ademais de apoiar a campaña global do #World OceansDay (30x30: protección do 30% dos océanos para 2030), queremos reivindicar todo o que nos aporta o océano e a conservación da súa diversidade dentro da nosa comunidade. A campaña desenvolverase nas nosas redes sociais, en TwitterFacebook e nunha nova conta de Instagram (@iim_csic).
 
Para esta campaña gustaríanos que colaborásedes connosco pedíndolles aos vosos alumnos que participen na acción conxunta o día 8 de xuño, respondendo nas súas redes sociais ou nas da escola á pregunta "Cal é a túa #ArelaDeMar?" a través dalgún tipo de creación artística (un vídeo, un texto, un poema, unha ilustración, unha canción… ), usando ou cancelo #ArelaDeMar.
As arelas poden ser persoais (Que é o que máis arelas facer ou sentir unha vez podamos volver gozar completamente do océano?) ou globais (Como desexas ver o océano nun futuro próximo? Que problemas deveces por ver solucionados canto antes?). Ademais, poden incluír nas súas creacións tanto experiencias persoais como promover accións colectivas. Deben incluir un título curto que resuma a súa arela; podedes atopar exemplos neste documento.
O título debería ser unha frase curta que inclúa o  hashtag #ArelaDeMar. Os requisitos técnicos que nós propoñemos para as diferentes disciplinas artísticas son os seguintes:


Para calquera dúbida, non dubides en contactarnos na seguinte dirección: jcastro@iim.csic.es  Grazas pola atención e esperamos que vos animedes a colaborar!!

Un cordial saúdo,
A Unidade de Cultura Científica
Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC


 

PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA

Actividades

na

Escola de Lectura Virtual para Familias

 


 

Un pouco de lectura

Recopilatorio de contos

Achegámosvos recursos que nos facilita unha familia (gracias Pili pola colaboración) nos que podedes atopar un recopilatorio de contos narrados en diferentes formatos. Escollede o que máis vos guste e desfrutade da lectura!

 

Cuentos narrados

La niña del parche

Aprende valores

Cuentos en casa

 

ÁREA EDUCATIVA AFUNDACIÓN

Desde Área educativa Afundación queremos seguir apoiando desde a nosa web á comunidade escolar.
A continuación engadimos unha selección de ligazóns para que poidan gozar delas esta fin de semana, tanto profesorado como familias, sempre que o consideren axeitado.

Materiais de Dinamización Lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) pon á vosa disposición unha importante selección de materiais relacionados coas festividades destas datas e que vos poden ser moi útiles nesta situación de confinamento.

Deixámosvos aqui os diferentes enlaces de acceso

  • Relacionados coa celebración do Día do Libro (videocreacións, booktrailers, booktubers…).

O portal da lingua galega

Cultura de Galicia

 

  • Recursos educativos e lúdicos para divulgar a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2020 (unidades didácticas, audiovisuais, pasatempos, xogos…).

Ricardo Carvalho Calero

  • O meu paso polo quirófano, un álbum ilustrado para axudarlles ás rapazas e aos rapaces hospitalizados a pasar polo transo dunha intervención cirúrxica. 

O meu paso polo quirófano

 

PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO E AS FAMILIAS

Neste apartado podedes acceder ás diferentes propostas da Secretaría Xeral de Política Lingüística, nas que pode participar o alumnado desde a casa coa colaboración das familias.

Deixámosvos aqui os diferentes enlaces de acceso

Premios aRi[t]mar Galiza e Portugal

aRi[t]marEdición 2020

Enreguéifate 2020

Contádenos o voso Día das Letras

Premios de Podcast O Vello dos Contos “Xosé Mosquera Pérez”


 

REVISTA DE ESTUDOS MIÑORÁNS

Un ano máis o IEM presenta a súa revista de estudos sobre o Val de Miñor. Sempre foi vontade do equipo directivo difundir na rede todos os traballos publicados na nosa revista, vontade sempre adiada por limitacións propias do voluntariado.

Ante a situación extrema que estamos padecendo, pensamos que a difusión dos distintos estudos de REM 19 ben pode suscitar e agrandar en nós o sentimento de veciñanza, imprescindible para os tempos que veñen e que esperan de nós a maior calidade humana.

Preme na seguinte ligazón para acceder aos contidos da Revista

Revista REM 19 iem


 

Museo Historia Natural

Obradoiros para o confinamento

Temos dispoñibles na web do Museo de Historia Natural (MHN) unha serie de obradoiros para pasar estes días de confinamento.

Cada unha das propostas que vos podedes atopar contén unha actividade manual, unha ficha informativa e preguntas sobre o tema a tratar. Podedes enviar unha fotografía cos vosos traballos para compartir nas redes do Museo, seguindo as instrucións.

Deixámosvos a ligazón a estes obradoiros do MHN

Obradoiros Museo de Historia Natural

Ánimo e apoio desde casa!

A debuxar!

As forzas de seguridade están a traballar cada día coidado que todo continúe sen problemas. Podedes enviar os vosos debuxos de ánimo para que lle chegue a agradecemento polo seu traballo.

Fai clic para ver a campaña.

Apoio forzas de seguridade

Lecturas para todos e todas!

Imos a ler!

A Xunta de Galicia pon a disposición de toda a comunidade os fondos bibliográficos cos que conta na súa rede.

A través do portal GaliciaLe (www.galiciale.gal), podedes acceder a todo tipo recursos, materiais e lecturas en diferentes idiomas desde as vosas casas.

Preparádevos para desfrutar de múltiples aventuras!

Galiciale

Experimentando na casa

Preparádevos científicos/as!

Investigamos un pouco? Deixámosvos unha serie de enlaces para acceder a uns libros creados para poder experimentar na casa estes días, ademais dun listado de recursos para ver e reproducir diferentes experiencias. 

Libro 1 experimentos 1º, 2º e 3º EP

Libro 2 experimentos 4º, 5º e 6º EP

Enlaces experimentos

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut