Skip to Content

Conmemoracións

DÍA DA PAZ 2016

30 DE XANEIRO

O día 30 de xaneiro celebrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Nesta data conmemórase a morte de Mahatma Gandhi, líder nacional e espiritual da India e lembrase a necesidade de educar na tolerancia, a solidariedade, o respecto aos  Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Deixámosvos unha pequena mostra da celebración deste día no noso centro.

Tedes á vosa disposición, na galería de fotos desta páxina web, máis fotografías do evento.


 

Día Internacional da Paz

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA

E A PAZ

 
30 de xaneiro 2017
 

CANTANDO POLA PAZ

DÍA ESCOLAR DA

NON VIOLENCIA

E A PAZ

 Día Internacional da Paz 2018

Un ano máis conmemoramos o día da PAZ, non só co obxecto de recordar a morte de Gandhi, senón tamén para practicar as súas ensinanzas. Deste xeito, despois do acto no que cantamos por unha escola sen violencia e adornamos a nosa emblemática oliveira con fermosas flores, gozamos cunha serie de xogos que o alumnado de 6º encargouse de dirixir para os máis pequenos. Sen dúbida un acto de interacción e fomento do diálogo e a convivencia.

 

   
   
  
   

Fai clic neste link para acceder á colección de fichas dos xogos populares emprestados ao colexio pola Concellaría de Xuventude do Concello do Grove, baixo a responsabilidade de D. Cándido Mascato.

Podedes ver o resto de fotografías do evento na Galería de fotos


 

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

 

2 de abril 2017

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

 

 

Resultado de imagen de AUTISMO2 DE ABRIL 2016

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA (TEA)

Durante unha semana o noso centro levou a cabo unha serie de actividades co fin de concienciar á sociedade respecto deste tipo de trastorno, promovendo a INCLUSIÓN, a TOLERANCIA e o RESPECTO cara as persoas que o padecen.

Deixámosvos unhas fotografías dos traballos do alumnado

 

 

Os nenos e nenas de 4º curso representaron nos seus murais os dereitos das persoas con Autismo


 

BAIXO O MESMO PARAUGAS

 DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON

DISCAPACIDADE

Este ano polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade o noso centro, xunto con entidades da provincia de Pontevedra, colabora coa campaña BAIXO O MESMO PARAUGAS que leva dous anos realizándose nos centros da provincia da Coruña.

O acto principal da campaña será unha GRAN PARAUGADA DE CORES o domingo día 3 de decembro no Náutico de Vigo ás 12:00 h onde se lerá un manifesto das persoas con discapacidade.

Dende o noso centro, cos alumnos e alumnas, decoramos este paraugas con moitos desexos para as persoas con discapacidade. Un dos máis importante é que a INCLUSIÓN SEXA UNHA REALIDADE.

 


 

DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO INFANTIL

 

O 15 de febreiro celébrase o Día Internacional do Cancro Infantil.

Desde o colexio queremos conmemorar este día, realizando un acto no patio como mostra de apoio a nenos e nenas e adolescentes que sofren esta enfermidade.

Os nosos mellores desexos de

esperanza para todos e todas

 

Deixámosvos unhas fotografías do evento e un enlace de acceso á páxina web da Asociación de axuda a nenos oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo Bicos de papel

(fai clic nas palabras subliñadas para acceder)

 

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Desde 1992, cada 3 de decembro celébrase   mundialmente o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Queremos amosar o noso apoio a todas estas persoas no seu esforzo por conseguir a igualdade de oportunidades. 

 Para que ninguén quede atrás

 

Latexamos con vós   

 

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Día 3 de decembro


 

DÍA DA PAZ, 30 DE XANEIRO 2019

Hoxe conmemoramos o Día da PAZ cunha divertida obra de teatro representada polo alumnado do obradoiro de 3º e 4º curso titulada “O regalo da bruxa”. Ademais tivemos unha visita dalgúns alumnos e alumnas de 3º que agasalláronnos cunha poesía sobre a paz.

Neste día, todos os nenos, nenas e profesorado representamos unha canción de Mariah Carey con linguaxe de signos.

Para finalizar os actos do día, adornamos a nosa oliveira cunhas fermosas flores.

 

 

 

 

 


 

CELEBRANDO A DIVERSIDADE

21 de marzo

Inclúe o diferente

 


 

Distribuir contenido


by Dr. Radut