Skip to Content

Lembranzas

Circulación segura

SEGURIDADE VIAL NO CEP X. NEIRA VILAS

O 30 de marzo tivemos a oportunidade de aprender seguridade vial por medio dunha charla impartida por dous axentes da Xefatura da Policía Local de Gondomar.

Os axentes centraron as súas explicacións, sobre todo, no relativo ao uso da bicicleta nas vías urbanas e interurbanas. Foi unha charla moi interesante, amena, didáctica e apoiada con variedade de materias e recursos que facían moito máis comprensibles as diferentes normas de circulación.

Seguro que os rapaces e rapazas son agora máis conscientes da importancia de respectar as normas de tráfico pola seguridade de todos e todas.

Ahhhh, ... pero aínda queda algo máis..., en breve poderán aplicar o aprendido nun circuíto que a policía de Gondomar montará no colexio, no que se levarán a cabo unha serie de prácticas como apoio ás explicacións. Seguro que xa estades impacientes!!!

   

 

 

 
 
 

Apuntando

TIRO CON ARCO

No mes de febreiro puidemos gozar no colexio dunha actividade de tiro con arco impartida polo CLUB SERRA DE GONDOMAR. Aqui tedes unha pequena mostra do evento.

Se queredes saber máis desta actividade consultade a sección de actividades complementarias.

  


 

 

Danza africana

MBOLO MOOYE DOOLÉ

No noso centro tivemos a sorte de poder contar con este marabilloso grupo de danza africana que, sen lugar a dúbidas, fixo bailar a grandes e pequenos. Foi unha actuación formidable, encantounos!!!

 

Teatro

BARAFUNDA TEATRO representa "XAN DAS ONDAS", unha historia que trata de concienciar ao público máis novo sobre a importancia de protexer o noso medio ambiente da contaminación ao que o sometemos cada día.

Conseguirá Xan o seu obxectivo? Seguro que si.

 


 

Concerto Proval

XORNADA MUSICAL PROVAL

Alumnado de 1º e 3º da ESO do IES Escolas Proval, dirixidos pola profesora de música, Paula Carreras, entusiasmáronnos coa súa actuación musical de temas coñecidos e de actualidade.

Aos nenas e nenas gustoulles tanto que tiveron que repetir algunha peza.

 

 

ELENA ROSELL, MULLER PILOTO DE MOTO 2

O noso colexio tivo a gran sorte de poder contar con Elena Rosell, a primeira piloto española que gañou unha proba do campionato de España de velocidade. De xeito ameno e distendido, realizou unha charla sobre deporte e valores e  animou aos máis pequenos a loitar polas súas afeccións deportivas sen ter en conta estereotipos de xénero.

Grazas Elena Rosell, por darnos a coñecer, de primeira man, este fascinante deporte.

Desexámoste moitos triunfos na túa carreira.

      Clik para ler

Para ti, unha bonita redacción e un debuxo

de Ainoa Pérez Rodríguez alumna de 4ºA 


BOLETÍN LITERARIO

MICRORRELATOS CURSO 2017-2018

 

Xa podedes ler a nova entrega do Boletín Literario

do alumnado de 5º.

Esperamos que vos guste!

Fai clic para acceder na imaxe de abaixo


 

Xa podes ler as novas historias do alumnado

de 5º no Boletín Literario 2017-2018

Fai clic na imaxe para acceder


 

 NON DEIXES DE LER A NOVA ENTREGADO BOLETÍN DO  ALUMNADO DE 5º

Fai clic na imaxe de abaixo


 

MICRORRELATOS CURSO 2016-2017

NOVO BOLETÍN LITERARIO,

A QUE AGARDAS PARA LELO????

FAi clic na imaxe


 

 


         BOLETíN                  LITERARIO

                  Fai clic no boletín para lelo

 

 

NOVA ENTREGA DO BOLETÍN LITERARIO DO ALUMNADO DE 6º

A QUE ESPERAS PARA LELO? DESCÁRGAO E GOZA DAS NOVAS HISTORIAS

 fai clic nesta imaxe

 


 

MICRORRELATOS CURSO 2015-2016

Xa tedes á vosa disposición a nova edición do boletín literario elaborado polos nenos e nenas de 5º curso. Agardamos que vos gusten as súas historias.

fai click no boletín

 

NOVA ENTREGA DO BOLETÍN LITERARIO DO ALUMNADO DE 5º

HAIKUS

haiku é un xénero poético de orixe xaponés. Escríbense, segundo a tradición, en tres versos sen rima, de 5, 7 e 5 sílabas, respectivamente. Soen facer referencia a escenas da natureza ou da vida cotiá.

O pai do xénero foi o famoso poeta do período Edo de Xapón, Matsuo Basho.

PREME NA IMAXE DE ABAIXO PARA LELOS

Os nenos e nenas de 5º sempre nos sorprenden

 

XA PODEDES GOZAR DA LECTURA COA NOVA ENTREGA DO BOLETÍN LITERARIO DE 5º

Fai clic na imaxe da esquerda para lelo.

 

 


 MICRORRELATOS CURSO 2014-2015

O alumnado de 6º comeza outro novo curso ofrecéndovos unha serie de relato curtos de produción propia. Gozade coa súa lectura e ata o próximo número.

Preme na imaxe para lelos

 Preme na imaxe para lelos

 Preme na imaxe para ler os textos

HOMENAXE Á MULLER TRABALLADORA 



 

MICRORRELATOS CURSO 2013-2014

O alumnado de 5º presenta esta serie de relatos curtos enxeñados por eles mesmos. Agardamos que vos gusten tanto, como para desexar que chegue pronto a seguinte entrega. Ata loguiño!!!!

Preme na imaxe para lelos

 


 

MICRORRELATOS CURSO 2012-2013

Ola! Somos o alumnado de 6º curso e queremos deixarvos estes pequenos contos para que vos divirtades un ratiño lendo. Ata a próxima!!!! Agardamos que vos gusten.

Preme na imaxe para lelos         

                    


Actuación Alumnado 6º

 

O CEP "Xosé Neira Vilas" na presentación do libro "Contos pequenos" de Victoriano Taibo

O domingo 30 de outubro do 2016 o alumnado de 6º curso participou, xunto con nenos e nenas doutros colexios da contorna, na presentación do manuscrito “Contos pequenos”do escritor e mestre Victoriano Taibo, membro fundador das Irmandades da Fala e integrante da Real Academia Galega.

O acto desenvolveuse no auditorio Lois Tobío de Gondomar e estivo organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns.

Os nosos alumnos e alumnas traballaron nas aulas cos contos titulados "A noz" e "O lagarto e mailo sapo", aos que lles fixeron algunha adaptación para seren representados durante este acto.

Fotos extraídas de http://grupoescomunicaciongalicia.com e http://www.valminortv.com

 

Nos seguintes enlaces tedes máis información, fotos e o vídeo completo.

http://grupoescomunicaciongalicia.com/?p=47153

 

http://www.valminortv.com/single-post/2016/10/30/Os-Contos-pequenos-de-Victoriano-Taibo-cobran-vida-m%C3%A1is-de-medio-s%C3%A9culo-despois-de-ser-escritos

 

PROXECTO HISTORIA

 

UNHA VIAXE POLA HISTORIA

O alumnado de 6º curso realizou ao longo do curso 2015-16 un proxecto sobre as etapas da historia, desde a Prehistoria ata a Idade Contemporánea. Neste proxecto contamos coa participación do profesorado de Educación Física, Musical, e Relixión, combiando así diferentes áreas ademais das ciencias Sociais e a Plástica.

Deixámosvos algúns dos seus traballos. Agardamos que vos resulten interesantes. 

PREHISTORIA

Fai clic nestes enlaces para acceder aos documentos

LIÑA DE TEMPO

 

PDF PREHISTORIA

 

O DEPORTE NA PREHISTORIA


More presentations from eiros

 DEBUXOS 

 Fai clic

 

 

Fai clic neste enlace 

FOTOGRAFÍAS EXPOSICIÓN

 

Aproveitamos para facernos unhas fotos no PHOTO CALL creado polos nenos e nenas de 4º 

 

IDADE ANTIGA

Fai clic nestes enlaces para acceder aos documentos

PDF IDADE ANTIGA

 

LIÑA DE TEMPO

 

MOSAICOS

Fai clic

 

XOGOS POPULARES

 More presentations from eiros

 

Fai clic neste enlace 

FOTOGRAFÍAS EXPOSICIÓN

   IDADE MEDIA  

Fai clic nestes enlaces para acceder aos documentos

LIÑA DE TEMPO

PDF IDADE MEDIA
   

Fai clic neste enlace 

FOTOGRAFÍAS EXPOSICIÓN

VIDRIEIRAS

Fai clic

VISITA IGREXA PEITIEIROS

Fai clic na foto

 

BAILE MEDIEVAL

IDADE MODERNA

Fai clic nestes enlaces para acceder aos documentos

LIÑA DE TEMPO

PDF IDADE MODERNA


 

 

 

EXCURSIÓN AO ROSAL

EXCURSIÓN AO ROSAL

O día oito de maio os nenos e nenas de 3º e 4º fomos ao Rosal. Alí visitamos a fábrica Rosaleira onde nos ensinaron como envasaban verduras e hortalizas segundo a tempada.

            Como non  había grelos, o seu produto  máis coñecido, ensináronos como envasaban verza, dixéronos co proceso era o mesmo.

Na fábrica á verza quítanlle a parte que non serve. Teñen que estar verdes e enteiras. Os botes onde as envasan poden ser de 1kg, 1/2kg ou 25mg.

Unha muller escolle a verza, que despois pasa a unha sección de limpeza. Alí unhas mulleres separan a folla do talo, e botan a parte escollida da verza nunha cinta transportadora, os restos colócanos  nunha caixa xigante e serven para darlle de comer aos animais.

As follas métenas nunha especie de lavalouza para limpala e que non quede ningún resto, xa que ás veces teñen algún caracol.

A verza cócese a 90º e cae noutra cinta onde outras mulleres enchen os envases a unha velocidade incrible, as latas pasan por unha cascada pequerrecha de auga con sal pois na cocción non lle botan ningún.

As latas péchanse nunha máquina e despois lle pon a data de envasado un robot. Un imán xigante colle moitas latas e as mete nun tanque autoclave a 116º durante 45min. pra matar calquera bacteria.

Nunha apertura hai un carretillo no que cargan os grelos ou verzas para despois metelos nun camión que os leva a un supermercado.

Un dato que nos deron é que se hai que preparar 1.000kg  collen a verdura os empregados da Rosaleira, pero se son máis veñen os pedidos nuns camións refrixerados.

Os grelos métense nun tarro de cristal ou nunha lata de conservas. Unha muller etiqueta a man as latas que se meten en caixas.Unha máquina ponlle unha numeración e selan as caixas.

Cando están seladas colócanas nun palé que forran con plástico e xa están listas para vender.

Foi unha visita do máis entretida! 

 

                             Carla Corbacho Vicente  

 

 

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut