Skip to Content

Lembranzas

Pepe Carreiro, pai dos Bolechas

Visita de Pepe Carreiro

O pasado venres 2 de marzo recibimos a visita do Pepe Carreiro, o"pai" dos Bolechas.  O alumnado e profesorado do 2º Ciclo tivemos a oportunidade de observar en directo como traballa para realizar os seus personaxes máis coñecidos. Deunos unhas leccións prácticas de como se fai o debuxo dun personaxe de fronte, de lado ou de costas. Tamén nos debuxou varios cans e outros animais partindo dunhas formas básicas. Logo contestou amablemente as preguntas que lles foron facendo os nenos e nenas. E por último asinou moitos libros e traballos feitos polos de 3º, facéndolles cadanseu debuxo. A profe Mª Carmen, que é a coordinadora da Biblioteca "Anisia Miranda", fíxolle entrega dun agasallo como mostra de agradecemento pola súa visita.

Aquí quedan algunhas fotos da charla.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

XORNADA DE XOGOS POPULARES

O ALUMNADO DE 4º NIVEL PARTICIPOU NA XORNADA DE XOGOS POPULARES ORGANIZADA POLA COORDINADORA DE EDL DOS CONCELLOS DO VAL MIÑOR

Os  alumnos e alumnas  do 4º nivel acudiron o venres 25 de maio ao Campo das Cercas de Gondomar para participar nunha xornada de xogos populares e tradicionais xunto cos outros alumnos dos colexios dos concellos de Nigrán, Baiona e Gondomar. Foi unha experiencia moi interesante e divertida compartir esta xornada en grupos de alumnos mesturados de todos os colexios que participaron. Os xogos foron moitos e iban turnándoos en quendas de 8 minutos para que todos e todas pasasen pola maioría deles: peóns, mariolas, chaves, canicas, zancos, chapas, combas, tres en raia, marro, petancas, o pano...así ata máis de vinte xogos.

AQUÍ TEDES ALGUNHAS FOTOS DESE DÍA:


 

RECICLA CO GRUPO SOIL

O xoves 3 de novembro o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso, participou nunha charla sobre reciclaxe impartida por Pedro Miranda, técnico de formación do grupo Soil en colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Gondomar.

Durante a actividade os nenos e nenas lembraron a importancia de reciclar, reducir e reutilizar os refugallos co fin de preservar o medio ambiente, ademais de aprender a clasificar e emprazar os envases nos colectores axeitados e a utilizar o punto limpo para determinados desperdicios especiais.

Ao longo da charla os/as alumnos/as, resolveron moitas dudas e inquedanzas e participaron de forma activa nas actividades organizadas polo ponente, incluso algúns obtiveron un agasallo.

Álbum de fotos

 


 

SUSA HERRERA CANTA A CABÁRCENO

 O pasado mércores 20 de xaneiro tivemos a oportunidade de contar coa presenza de Susa Herrera no noso cole. Con ela gozamos do segundo volume de cancións dedicado aos animais do parque de Cabárceno, titulado “En Cabárceno se sigue cantando”. O libro está ilustrado por Violeta Monreal e as letras traducidas ao euskera, ao galego e ao catalán. Non deixedes de gozar coas divertidas letras desta gran educadora musical.


 

IGNACIO VILARIÑO, CONTACONTOS

O día 28 de abril, puidemos gozar no colexio da actuación do contacontos Ignacio Vilariño, escritor, guionista, actor e titiriteiro de Lalín.

Ignacio Vilariño, gran admirador da cultura popular, presentounos un extracto da súa obra Fábula Galénica, na que o personaxe central é o burro da tía Lola.

Durante a súa actuación, fixo referencia ás historia do italiano Gianni Rodari e cantou acompañado do seu uquelele, a canción “O burro enfermo”, tamén interpretada pola cantante madrileña Rosa León, e que vos deixamos neste vídeo.

 

"SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR"

 CHARLA DIVULGATIVA

O luns 24 de novembro tivo lugar no colexio, unha charla informativa, para o alumnado dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º sobre a importancia de reducir a produción de lixo, así como da reutilización e separación dos desperdicios para a súa reciclaxe.

Nesta ocasión Luís, o poñente, incidiu na importancia de utilizar correctamente os colectores de lixo, especificando o tipo de materiais a depositar en cada un deles.

Tamén concienciou aos alí presentes, sobre as vantaxes de aproveitar os desperdicios orgánicos para abonar hortas e xardíns.

Nenos, nenas e profesorado recibiron un agasallo e participaron nas diferentes actividades propostas polo poñente, sendo obsequiados con diferente material divulgativo en función da súa participación.

Agora xa non temos excusa, a boa saúde da contorna depende de tod@s nós.

Deixámosvos unhas fotos do evento e un enlace á páxina web de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente), entidade creada para a xestión e tratamento dos desperdicios xerados no territorio galego, para poder ampliar información do voso interese.

Fai clic nesta imaxe para acceder a web de SOGAMA

 

Como tod@s sabemos, o noso centro escolar ven desenvolvendo desde hai anos, un importante labor de recollida selectiva: desperdicios orgánicos, papel e cartón, envases de plástico, pilas, tapóns de plástico co fin de colaborar en causas benéficas...

Animámosvos a participar no seguinte xogo, extraído da páxina web de SOGAMA, para que poidades poñer en práctica o que aprendíchedes nesta interesante charla e no día a día reciclando no colexio.

Pincha na imaxe e accede ao xogo

 


 

VISITA A CAMPOLAMEIRO (curso 2013-14)

Aproveitando o estudo da historia realizado nas aulas de 2º ciclo, decidimos aproveitar a oportunidade de visitar este fermoso espazo natural no que puidemos apreciar, de primeira man, como era a vida dos humanos na Idade de Bronce.

O Parque Campo Lameiro intégrase dentro da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico (RGPA). Esta paraxe posúe un dos máis destacados conxuntos de arte rupestre. Ao longo do seu recorrido, observamos un importante número de petroglifos ou gravados en rocha, herdanza dos nosos ancestros. Grazas ás monitoras do parque aprendemos moitas cousas.

Aquí deixámosvos unhas fotografías da actividade


 

O noso cerebro

NEUROCIENCIA NA ESCOLA 

Hoxe tivemos a sorte de poder contar no colexio co doutor en Bioloxía pola Universidade de Vigo Carlos Spuch, que nos explicou de xeito ameno e didáctico o funcionamento do noso cerebro. Alumnado e profesorado gozamos dunha charla moi agradable e interesante sobre neurociencia.


 

Seprona e o medio ambiente

CHARLA SEPRONA
O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) de Vigo, impartiu unha charlano noso cole co fin de dar a coñecer o seu traballo e concienciar á sociedade da necesidade de contribuír á conservación e protección do medio ambiente.
 


 

 

Ornitoloxía

CHARLA ORNITOLOXÍA

Francisco Javier Rodríguez Penedo criador de paxaros desde os 14 anos e membro da Asociación  de  Criadores de Aves Exóticas de Galicia, impartiu unha interesante charla no colexio.

A través das súas palabras. os nenos e nenas aprenderon moitas cousas sobre aves e a importancia de crialas en cautividade, co fin de perpetuar certas especies en perigo de extinción.

 
 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut