VISITAMOS AS INSTITUCIÓNS

O alumnado de 5º e 6º curso realizamos unha saída a Santiago de Compostela co fin de coñecer o Parlamento e a Xunta de Galicia. No Parlamento, a través dunha visita guiada, puidemos coñecer as diferentes estancias do máximo órgano representativo do pobo galego.

No edificio da Xunta, os guías explicáronnos a composición das diferentes consellerías e amosáronnos o seu funcionamento a través dun vídeo explicativo.

Para rematar a visita, achegámonos á Cidade da Cultura na que aproveitamos para visitar unha exposición dedicada ao escritor galego Alfonso Rodríguez Castelao.

Neste espazo puidemos gozar do xantar e dun rato de ocio.

 


 

Inicio de sesión