Skip to Content

11ª SEMANA CULTURAL


 ANXO MOURE E O CARBALLO CON BOTAS

Contos medioambientais e de amor pola natureza, así coñecemos hoxe ao contacontos chantandino Anxo Moure, que coa súa particular indumentaria, chegou aos nosos corazóns a través dos seus contos.

A súa mensaxe de respecto e coidado da nosa contorna comeza aquí mesmo, no noso colexio. Da súa man, coas árbores do patio, animounos a sentir a calor e a paz que nos transmite a natureza. Unha experiencia moi gratificante e, en moitas ocasións, demasiado esquecida por tod@s.

Se queredes coñecer máis do proxecto de Anxo Moure facede clic no seguinte enlace.

http://www.contosolidarios.org/contosolidarios.htm

 

 

 


FURGOLIBRO NO NEIRA VILAS

Durante unha xornada tivemos a sorte de contar no colexio coa orixinal FURGOLIBRO de Nieves Loperena, unha incansable viaxeira que vai fomentando a lectura alí por onde pasa.

A súa biblioteca ambulante está chea de libros de todas as temáticas, autores e épocas, o que fai posible satisfacer os diversos intereses dos seus usuarios.

Que sorte poder contar con ela!. Animámola a seguir inculcando en todos nós a afección pola lectura.

Nenos, nenas e maiores, nunca deixedes de ler, sempre descubriredes sorprendentes historias.

 

 


MAXIA CON JAVIER MURO

Hoxe no colexio puidemos gozar coa actuación do mago Javier Muro, un espectáculo ameno e divertido que busca constantemente a interacción co público

Nenos, nenas e maiores pasámolo xenial


 

 



page | by Dr. Radut