Actividades

XORNADA MUSICAL PROVAL

Alumnado de 1º e 3º da ESO do IES Escolas Proval, dirixidos pola profesora de música, Paula Carreras, entusiasmáronnos coa súa actuación musical de temas coñecidos e de actualidade.

Aos nenas e nenas gustoulles tanto que tiveron que repetir algunha peza.

 

 

CHARLA NAVEGA CON RUMBO

O alumnado de 5º e 6º curso recibiu unha charla de mans dun inxenieiro do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), sobre a importancia de concienciarse e navegar con seguridade por internet.

O "Plan Navega con Rumbo” e unha das iniciativas que se están a promover desde a Xunta de Galicia dentro do Proxecto Abalar.

 

 

 

BARAFUNDA TEATRO representa "XAN DAS ONDAS", unha historia que trata de concienciar ao público máis novo sobre a importancia de protexer o noso medio ambiente da contaminación ao que o sometemos cada día.

Conseguirá Xan o seu obxectivo? Seguro que si.

 


MBOLO MOOYE DOOLÉ

No noso centro tivemos a sorte de poder contar con este marabilloso grupo de danza africana que, sen lugar a dúbidas, fixo bailar a grandes e pequenos. Foi unha actuación formidable, encantounos!!!

 

CHARLA ORNITOLOXÍA

Francisco Javier Rodríguez Penedo criador de paxaros desde os 14 anos e membro da Asociación  de  Criadores de Aves Exóticas de Galicia, impartiu unha interesante charla no colexio.

A través das súas palabras. os nenos e nenas aprenderon moitas cousas sobre aves e a importancia de crialas en cautividade, co fin de perpetuar certas especies en perigo de extinción.

 
 
 

 
CHARLA SEPRONA
O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) de Vigo, impartiu unha charlano noso cole co fin de dar a coñecer o seu traballo e concienciar á sociedade da necesidade de contribuír á conservación e protección do medio ambiente.
 

 


NEUROCIENCIA NA ESCOLA 

Hoxe tivemos a sorte de poder contar no colexio co doutor en Bioloxía pola Universidade de Vigo Carlos Spuch, que nos explicou de xeito ameno e didáctico o funcionamento do noso cerebro. Alumnado e profesorado gozamos dunha charla moi agradable e interesante sobre neurociencia.

 

TIRO CON ARCO

No mes de febreiro puidemos gozar no colexio dunha actividade de tiro con arco impartida polo CLUB SERRA DE GONDOMAR. Aqui tedes unha pequena mostra do evento.

Se queredes saber máis desta actividade consultade a sección de actividades complementarias.

  

 curso 2016-17


SEGURIDADE VIAL NO CEP X. NEIRA VILAS

O 30 de marzo tivemos a oportunidade de aprender seguridade vial por medio dunha charla impartida por dous axentes da Xefatura da Policía Local de Gondomar.

Os axentes centraron as súas explicacións, sobre todo, no relativo ao uso da bicicleta nas vías urbanas e interurbanas. Foi unha charla moi interesante, amena, didáctica e apoiada con variedade de materias e recursos que facían moito máis comprensibles as diferentes normas de circulación.

Seguro que os rapaces e rapazas son agora máis conscientes da importancia de respectar as normas de tráfico pola seguridade de todos e todas.

Ahhhh, ... pero aínda queda algo máis..., en breve poderán aplicar o aprendido nun circuíto que a policía de Gondomar montará no colexio, no que se levarán a cabo unha serie de prácticas como apoio ás explicacións. Seguro que xa estades impacientes!!!

   

 

 

 
 
 
curso 2016-17

 

VISITA A CAMPOLAMEIRO (curso 2013-14)

Aproveitando o estudo da historia realizado nas aulas de 2º ciclo, decidimos aproveitar a oportunidade de visitar este fermoso espazo natural no que puidemos apreciar, de primeira man, como era a vida dos humanos na Idade de Bronce.

O Parque Campo Lameiro intégrase dentro da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico (RGPA). Esta paraxe posúe un dos máis destacados conxuntos de arte rupestre. Ao longo do seu recorrido, observamos un importante número de petroglifos ou gravados en rocha, herdanza dos nosos ancestros. Grazas ás monitoras do parque aprendemos moitas cousas.

Aquí deixámosvos unhas fotografías da actividade

 


Así debuxaron este anaco de historia

os nenos e nenas de 3º curso

%2Fpicasaweb.google.com%2Fdata%2Ffeed%2Fapi%2Fuser%2F108733406643269063592%2Falbumid%2F5994852567231741537%3Falt%3Drss%26kind%3Dphoto%26hl%3Des">


 SAÍDA A SOUTOMAIOR (curso 2013-14)

O pasado mes de xaneiro, meus compañeiros e mais eu, fomos visitar o castelo de Soutomaior. Ao chegar un guía levounos a unha sala onde mostrounos diferentes armas medievais: unha espada, unha malla dun traxe de cabaleiro , un cinto de castidade. Todo era pesadísimo e algúns nenos puidemos comprobalo. A continuación fomos a un sitio onde metían aos presos, o guía nos contou que alí estivo encerrado o bispo de Tui.

 

 

 

 

Despois na parte alta do castelo ensinounos distintas armas: unha catapulta, unha bésta e con axuda dunha compañeira puidemos ver como se fai a pólvora. Tamén nos contou as formas que tiñan na época medieval para curar as enfermidades, con sambesuga e outros métodos  moi sorprendentes.

Finalmente merendamos nos xardíns do castelo e volvemos ao cole.

  Daniel 6 Aº 

 


 SAÍDA A CORUÑA (curso 2013-14)

O pasado 27 de febreiro, os alumnos do terceiro ciclo visitamos o Domus e o acuario Finisterrae.

Ao chegar ao museo deixamos as mochilas no lugar onde logo comeríamos, dixéronnos que podíamos visitar as salas pola nosa conta. ¡Había un montón de aparellos!

Encontramos unha especie de escultura dos nosos antepasados con unha cadeira libre para facernos unha foto  con eles, vimos unha báscula que che dicía  a cantidade de sodio, auga, músculo, etc que tiñas no corpo. Tamén encontramos un aparello moi interesante para ver a elasticidade que tes ,consistía en sentarse coas pernas estiradas e cos brazos chegar a un botón. A continuación vimos o mais importante, “ O corazón do Domus”. Nada mais entrar naquel espazo sentíase os latexos do corazón.

Ao terminar de comer, emprendemos camiño cara ó acuario, dende alí vimos ao lonxe a torre de Hércules, unha construción romana que estudaramos na clase cando fixemos a liña do tempo e, ¡ é incrible que aínda siga en pé !

Cando chegamos, esperábanos unha guía que nos ensinou nun tanque da entrada do acuario uns peixiños que estaban a realizar unha fase de  adaptación para logo pasar con todos os demais e tamén nos dixo que tiñan moita sorte porque toda a auga do acuario procedía do mar que tíñamos alado.

Agora ben o que máis me impactou…..leváronnos por unhas escaleiras ata o máis profundo do acuario….. estaba cheo de peixes….raias, sardiñas….e a que non sabedes que mais…..¡ unha quenlla chamada Gastón!. A guía explicounos que as quenllas non son tan perigosas como din, so se alteran se ven algo que lles estrañe. Logo vimos uns ósos de balea que eran enormes.

Finalmente tivemos tempo de entrar na tenda para comprar algúns agasallos para as nosas familias. Foi un día moi divertido.

Nerea Fernández 6º A 

 

Se queredes ler os pés de foto realizados polo alumnado de 6ºA, facede clic no álbum

  


ACTUACIÓN DO GRUPO ODAIKO NO COLE (curso 2013-14)

Neste curso tivemos a sorte de contar coa actuación deste magnífico grupo que animou a grandes e pequenos coa súa música e posta en escena.  

Odaiko Percussion Group (OPG), grupo de renome internacional, toma o seu nome do ODAIKO, un tambor tradicional xaponés. Con 1,2 m de diámetro e 1,5 de profundidade, chegan a ser necesarias tres persoas para poder ser tocado.

O grupo formouse en Holanda no ano 2003, aínda que os seus compoñentes teñen raíces galegas. A súa proposta artística céntrase na exploración da música tradicional multiétnica na súa variante percusiva.

 

Se queres saber máis deste grupo podes consultar este enlace.

Se pinchas nel accederás directamente 

http://odaiko.es/odaiko/

 


XABIER BLANCO

Xavier Blanco abraiounos co uso de instrumentos tradicionais galegos. O artista fixo gala da súa voz e destreza á hora de interpretar cancións populares con moitos instrumentos como unha palliña de centeo, unha tixola, unha tixeira, unha gaita confeccionada con tea e dous simples pezas de madeira que nos sorprendeu a todos e todas. Nos tamén participamos entoando algúns retrousos das cancións que nos ensinou e tocando as palmas con moito ritmo.

 


 CHARLA DIVULGATIVA (curso 2014-15)

"SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR"

O luns 24 de novembro tivo lugar no colexio, unha charla informativa, para o alumnado dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º sobre a importancia de reducir a produción de lixo, así como da reutilización e separación dos desperdicios para a súa reciclaxe.

Nesta ocasión Luís, o poñente, incidiu na importancia de utilizar correctamente os colectores de lixo, especificando o tipo de materiais a depositar en cada un deles.

Tamén concienciou aos alí presentes, sobre as vantaxes de aproveitar os desperdicios orgánicos para abonar hortas e xardíns.

Nenos, nenas e profesorado recibiron un agasallo e participaron nas diferentes actividades propostas polo poñente, sendo obsequiados con diferente material divulgativo en función da súa participación.

Agora xa non temos excusa, a boa saúde da contorna depende de tod@s nós.

Deixámosvos unhas fotos do evento e un enlace á páxina web de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente), entidade creada para a xestión e tratamento dos desperdicios xerados no territorio galego, para poder ampliar información do voso interese.

Fai clic nesta imaxe para acceder a web de SOGAMA

 

Como tod@s sabemos, o noso centro escolar ven desenvolvendo desde hai anos, un importante labor de recollida selectiva: desperdicios orgánicos, papel e cartón, envases de plástico, pilas, tapóns de plástico co fin de colaborar en causas benéficas...

Animámosvos a participar no seguinte xogo, extraído da páxina web de SOGAMA, para que poidades poñer en práctica o que aprendíchedes nesta interesante charla e no día a día reciclando no colexio.

Pincha na imaxe e accede ao xogo

 

 


CIENCIA NA ESCOLA

No mes de marzo puidemos contar coa presenza no noso colexio do profesor da Universidade Autónoma de Madrid, Juan Ruíz. A súa interesante actuación, axudounos a entender unha serie de fenómenos naturais que se producen ao noso arredor, mareas, eclipses, o día e a noite, e amosounos unha serie de instrumentos moi utilizados a nivel científico en todos os tempos.

 Gustounos moito a súa exposición da que deixamos constancia nesta galería de fotos.


VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O día 26 de marzo o alumnado de 5º e 6º curso, realizou unha saída a Santiago coa finalidade de visitar o Parlamento Galego e a Cidade da Cultura.

O edificio do Parlamento, construíuse a comezos do s. XX coa intención de albergar unha escola de veterinaria. Hoxe en día, o seu labor é ben distinto.

Esta institución, entre outras funcións, exerce o poder lexislativo de Galicia, controla a acción executiva da Xunta, aproba os orzamentos, elixe de entre os seus membros ao presidente da Xunta de Galicia, etc. 

 No seu interior destaca a súa riqueza arquitectónica e a variedade de obras de arte expostas.

Os nenos e nenas puideron visitar o salón dos reis, unha gran parte das salas de reunións, os despachos dos diferentes grupos parlamentarios, e a biblioteca, na que algúns nenos e nenas levaron a cabo uns breves debates controvertidos sobre diversos temas. 

 

Sen dúbida, o salón de plenos ou hemiciclo, foi a dependencia que máis sensación causou entre o alumnado, por ser a máis coñecida a nivel social e na que se debaten e votan os asuntos importantes.

   

O alumnado que quixo, puido ser parlamentario por uns minutos.

    

Á saída do Parlamento, e tras recibir un libro como recordo, dirixíronse á Cidade da Cultura onde gozaron do xantar e dun intre de diversión. Antes de abandonar o recinto, tiveron a oportunidade de coñecer unha exposición sobre a orixe da peregrinación no Camiño de Santiago, desde a Idade Media ata a actualidade.

Para rematar a intensa xornada, fixeron unha parada nun área comercial na que repoñer forzas, xogar e mercar chuches e algún que outro agasallo...

Se ollades estas fotografías poderedes revivir de novo ese gran día.


 MUSEO CIENTÍFICO XUVENIL

O día 17 de abril, o alumnado de 5º e 6º curso, tivo a oportunidade de asistir ao Museo Científico Xuvenil, ofertado polo Concello de Gondomar e instalado durante unha xornada no noso colexio. Este museo interactivo espertou nos nenos, nenas e maiores, unha gran curiosidade polas ciencias e a natureza.

O museo reúne máis de 80 obxectos, distribuídos en 12 bloques temáticos, baixo o lema “prohibido non tocar”. Os enxeñeiros, Jesús Fernández e Mª José Gil, amosaron e explicaron de forma lúdica unha gran variedade de fenómenos científicos.

Estas son algunhas fotos do evento

 


VISITA Ó MUSEO DE PONTEVEDRA

Os alumnos e alumnas de 6º fixeron unha visita ó museo de Pontevedra. Saíron ás 09:30 do colexio nun autobús. Viaxaron pola autoestrada, pasando algúns túneles e algunhas pontes, como a ponte de Rande. Cando xa estaban preto do museo, baixaron do autobús. A viaxe durou uns 40 minutos. Á chegada foron andando por moitas rúas ata chegar ó museo. Polo camiño atoparon un cartel onde había información das etapas da historia de España e, xustamente, iso mesmo, estaban estudando.

Pararon para ler a información e logo seguiron a ruta. Polo camiño merendaron nuns bancos e máis tarde continuaron. Cando chegaron ó museo, unha guía levounos á sala da Prehistoria.

A guía explicou que eran e para que se utilizaban os obxectos. Viron moitas cousas e obxectos que eran das etapas da Prehistoria (Paleolítico, Neolítico, Idade de Ferro e Idade dos Metais). Aprenderon cousas da Prehistoria como que, os dolmens, servían para enterrar ós mortos e o torque para mandar e, que no Neolítico descubriron a roda, a cerámica, a agricultura, a gandería, etc…. Tamén viron debuxos que facían os nómades nas pedras e esqueletos, dun neno de 3 anos e dunha muller de 33 anos. Cando remataron foron á sala de Sargadelos e a guía levounos á 2º planta. Cando chegaron viron moitas louzas de distintos tipos (de pratos, cuncas, vasos, etc…). As louzas eran de deseños diferentes. A maioría da xente non lle gustou a cuspideira. O museo tiña moitas figuras.

Ó remate da xornada volveron pola mesma ruta e tamén en autobús. Chegaron ao colexio ás 14:15. Pasárono moi ben

Crónica feita por Carlos 6º B

 

 


 IGNACIO VILARIÑO, CONTACONTOS

O día 28 de abril, puidemos gozar no colexio da actuación do contacontos Ignacio Vilariño, escritor, guionista, actor e titiriteiro de Lalín.

Ignacio Vilariño, gran admirador da cultura popular, presentounos un extracto da súa obra Fábula Galénica, na que o personaxe central é o burro da tía Lola.

Durante a súa actuación, fixo referencia ás historia do italiano Gianni Rodari e cantou acompañado do seu uquelele, a canción “O burro enfermo”, tamén interpretada pola cantante madrileña Rosa León, e que vos deixamos neste vídeo.

 


CONTOS E CANCIÓNS PARA OS MÁIS PEQUENOS

O noso alumnado de 1º e 2º niveis de Primaria asistiu, o día 12, á Biblioteca de Gondomar para escoitar á contacontos Raquel Queizás coas súas historias tituladas "A maleta da avoa" e ao Auditorio Lois Tobío para seguir gozando coas cancións do grupo "Mamá Cabra"

Estas actividades foron organizadas por Espazo Lectura e nelas tamén participaron moitos dos colexios do Val Miñor.

Estiveron moi ben organizadas e os nosos nenos e nenas gozaron moito, especialmente coas historias de raíces nas lendas populares escenificadas por Raquel.
Aquí deixamos algunhas fotos. Nelas veredes as caras de ledicia que lles quedaron.

 MOITAS GRAZAS A ESPAZO LECTURA!!!


CONTACONTOS DEDICADO A GLORIA FUERTES

María Carrera e Antón representaron contos dedicados á esta xenial escritora de literatura infantil e xuvenil.

Da súa maleta saíu este conto, Hércules pasea con Gloria Fuertes, unha historia moi orixinal de presentarnos parte da vida da poetisa.

Tod@s @s nen@s e incluso o profesorado participou nesta posta en escena e pasouno moi ben.

 

Deixámosvos unhas fotografías do momento.

 


CONTACONTOS

Volvoreta e Voltereta representaron contos no noso colexio. Os nenos e nenas foron protagonistas das historias A sopa queima e O conto da vella, xunto coa lectora e a intérprete, dúas máxicas duendecillas.

Ninguén quedou sen participar tal foi, que o escenario quedouse pequeno.

Aquí tedes unhas fotos do evento.


INTERCONTOS 5º E 6º CURSO

Teatro lido, monólogos, contos, poesía, música... menuda mostra literaria fixeron estes nenos e nenas.

 


CHARLA SÍNDROME DE DOWN

O día 24 de novembro, os alumnos de 3º e 4º de primaria asistimos a unha charla sobre as persoas con Síndrome de Down impartida pola Asociación Síndrome de Down, Vigo.

Ensináronnos unha película que fixeron os  nenos  desta asociación,  titulada “Por cuatro esquinitas de nada”.  Estaba guay.

As profesoras que deron a charla elixiron a varios de nós e tivemos

que falar coa boca chea de nubes; escribir, abrir e pechar botóns e

cremalleiras cunhas luvas postas e explicar con xestos frases

dificilísimas …, todo isto para sentir coma senten os nenos e nenas con

Síndrome de Down.

 A experiencia encantounos e aprendemos que no fondo, non somos tan diferentes e que temos que intentar que as persoas con Síndrome de Down se sintan cómodas entre nós.

 


 MUSEO DO MAR DE VIGO E VILLA ROMANA DE TORALLA

O alumnado de 6º curso asistiu, a principios do mes de xaneiro, ao Museo do Mar para participar no obradoiro “El Imperio romano” como colofón ao proxecto traballado nas aulas. Durante esta actividade realizaron un percorrido polo mundo romano, onde puideron ver pezas orixinais da época ademais de realizar as actividades programadas.

Completaron a saída coa visita á Villa Romana de Toralla para coñecer, o xacemento arqueolóxico que data dos séculos IV e V d.C. e que é a única de Galicia escavada totalmente e, o Centro de Interpretación do mundo romano con paneis informativos e actividade lúdicas de gran interese.

O 18 de xaneiro os alumnos e alumnas de 3º e 4º nivel fomos ao Museo do Mar.

Os nenos e nenas de 3º introducímonos nun obradoiro de "Técnicas de pesca" como mariñeiros. Tamén xogamos a pescar e visitamos o acuario, onde nos entusiasmamos cos diferentes animais acuáticos.

O alumnado de 4º convertímonos en auténticos arqueólogos por un día, facendo unha escavación na procura de pezas da época dos castrexos para averiguar como vivían.

   


 

SUSA HERRERA CANTA A CABÁRCENO

O pasado mércores 20 de xaneiro tivemos a oportunidade de contar coa presenza de Susa Herrera no noso cole. Con ela gozamos do segundo volume de cancións dedicado aos animais do parque de Cabárceno, titulado “En Cabárceno se sigue cantando”. O libro está ilustrado por Violeta Monreal e as letras traducidas ao euskera, ao galego e ao catalán. Non deixedes de gozar coas divertidas letras desta gran educadora musical.


VISITA A CORUÑA

O alumnado de 5º e 6º curso realizou unha visita no mes de febreiro á cidade da Coruña para coñecer o museo interactivo da Casa das Ciencias, situado no Parque de Santa Margarita, que posúe un planetario e tres plantas de exposicións, ademais dun péndulo de Foucault que oscila no oco da escaleira central. Alí os nenos e nenas puideron gozar dunha xornada de ciencia totalmente práctica. 

Pola tarde achegáronse ao Museo Domus, un museo interactivo sobre o ser humano.

Como remate da visita asistiron á proxección dunha curtametraxe en 3D Titáns da Idade de Xeo, que narra unha viaxe polas paisaxes xeadas do hemisferio norte hai máis de 20.000 anos.

 

 


MARISCADOR POR UN DÍA NA PRAIA DA ILLA DA TOXA 

O alumnado de 3º e 4º curso organizou unha saída para coñecer a actividade desenvolvida polos mariscadores e mariscadoras consistente en criar, capturar e recoller marisco principalmente, ademais de realizar o mantemento das zonas destinadas a este labor.

Despois de levar a cabo esta difícil tarefa, acudiron ao parque dos Grobits na illa da Toxa, onde xantaron. Unha vez repostas as forzas, viaxaron pola ría de Arousa nun barco desde o que puideron observar as bateas de mexillóns, ostras e vieiras.

Pasárono moi ben, aprenderon moitas cousas e o tempo portouse, que máis se pode pedir!!!

 

 


 VISITA DE 1º E 2º AOS MUÍÑOS DA SERRA

 Este xoves 9 de xuño os nenos e nenas de 1º e 2º saímos cara aos muíños. Despois de camiñar e unha vez no lugar debuxámolo por dentro e por fóra.

Pasámolo xenial!!!

 

 

 


RECICLA CO GRUPO SOIL

O xoves 3 de novembro o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso, participou nunha charla sobre reciclaxe impartida por Pedro Miranda, técnico de formación do grupo Soil en colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Gondomar.

Durante a actividade os nenos e nenas lembraron a importancia de reciclar, reducir e reutilizar os refugallos co fin de preservar o medio ambiente, ademais de aprender a clasificar e emprazar os envases nos colectores axeitados e a utilizar o punto limpo para determinados desperdicios especiais.

Ao longo da charla os/as alumnos/as, resolveron moitas dudas e inquedanzas e participaron de forma activa nas actividades organizadas polo ponente, incluso algúns obtiveron un agasallo.

Álbum de fotos


 VISITAMOS O MUSEO SALINAE 

 O día 17 de novembro os nenos e nenas de 3º e 4º nivel visitamos o Museo Salinae. Alí explicáronnos a impotancia do sal para os romanos: desde a súa obtención ata os seus diferentes usos. A visita gustounos moito. Pasámolo xenial!

Tamén merendamos no parque do Castro, onde aproveitamos para xogar un ratiño.

 



MUSEO DO MAR

O 18 de xaneiro os alumnos e alumnas de 3º e 4º nivel fomos ao Museo do Mar.

Os nenos e nenas de 3º introducímonos nun obradoiro de "Técnicas de pesca" como mariñeiros. Tamén xogamos a pescar e visitamos o acuario, onde nos entusiasmamos cos diferentes animais acuáticos.

O alumnado de 4º convertímonos en auténticos arqueólogos por un día, facendo unha escavación na procura de pezas da época dos castrexos para averiguar como vivían.

 


  VISITA AO PARLAMENTO, Á CIDADE DA CULTURA E Á CATEDRAL

O 17 de marzo os nenos e nenas de 5º e 6º realizamos unha visita a Santiago de Compostela co fin de achegarnos ao Parlamento de Galicia, o máximo órgano representativo do pobo galego. Alí visitamos as estancias máis representativas como o salón dos Reis, os diferentes corredores,  a biblioteca, onde un grupo de nenos e nenas expuxemos os nosos puntos de vista sobre un determinado tema e o proceso a seguir para conseguir un acordo beneficioso para a maioría da sociedade. Sen lugar a dúbidas a maior expectación produciuse cando entramos no hemiciclo, que xa moitos e moitas o coñecíamos a través dos medios de comunicación, pero nesta ocasión, puidemos sentarnos onde o fan os nosos políticos, expresar algunhas ideas e, incluso, sacarnos fotos.

Antes de marchar agasalláronnos cun entretido libro.

A visita foi moi interesante e ademais tivemos a oportunidade de ver aos Bolechas en vivo e en directo, xa que ese mesmo día estaban visitando O Parlamento.

Cando saímos do Parlamento dirixímonos ao monte Gaiás para visitar a Cidade da Cultura onde xantamos e puidemos gozar da súa singular arquitectura.

Xa pola tarde achegámonos á catedral que contemplamos desde a Praza do Obradoiro, tamén visitamos ao Apóstolo e na praza das Praterías mercamos agasallos nos postos das rúas.

Xa de camiño ao autobús tivemos a sorte de escoitar moi atentamente a unha artista que tocaba a arpa. Encantounos!!!


TIRO TIRO CON ARCO

No mes de febreiro puidemos gozar no colexio dunha actividade de tiro con arco impartida polo CLUB SERRA DE GONDOMAR, no que se iniciou un alumno do noso colexio, Adrián Millán Figueroa con 12 anos como terapia para a relaxación.

A súa familia escríbenos este resumo da súa andaina no club.

Después de 8 meses de adaptación y de entrenamientos 3 días a la semana casi religiosamente, lunes, miércoles y viernes, Adrián se aventuró a probar en su primera prueba en un campeonato con grandes arqueros a nivel Gallego. En este campeonato que se celebró en Valdoviño, (Coruña), el 13/11/2016, Adrián tendría que tirar a 12 m. tandas de 3 flechas a una diana de 1m. x 1m. en la categoría de ALEVIN/recurvo/desnudo, (el arco olímpico limpio, sin estabilizadores ni mira para apuntar), pero por falta de inscripciones el ultimo día La Federación comunicó que tiraría a 18m. y a una diana de 45cm. X 45cm.

Al parapeto Nº 2 goma/espuma negra donde clavan las flechas) y letra “D” (cada parapeto tiene 4 dianas que se identifican con letras según orden de lectura “A” y “B” arriba y “C” y “D” debajo de izquierda a derecha.  Aún así sin poder entrenar más que 1 día en el club a 18m, casi se igualó en puntos con sus otros dos compañeros de categoría, dado que solo eran 3 en categoría ALEVIN/recurvo /desnudo.

Se ganó una medalla del 3º clasificado en “TROFEO FEDERACION” categoría de SALA 18m. ALEVIN.

Las previsiones para este año 2017 es hacer alguna otra competición en SALA y participar también en campeonato de RECORRIDO DE BOSQUE, el cual este año el CLUB DE TIRO CON ARCO SERRA DE GONDOMAR organiza el 1º campeonato de tiro de BOSQUE en la zona de Vincios a Galiñeiro, el día 15/07/2017.

A Adrián le gusta las 2 modalidades, aunque la que más le llama la atención es el tiro olímpico, aunque le encanta tirar a los animales de goma en los recorridos que hace en el club por el exterior cuando hace buen tiempo.

 

-         RECORRIDO DE BOSQUE A MADROA 2016, (Adrián va con la patrulla de tiro del  club)

 

TROFEO FEDERACION categoría de SALA 18m. ALEVIN.

 

 

TIRADA CON LOS PARTICIPANTES DE LA TERA “D”

 

-          UN MOMENTO DE ORGULLO PARA EL Y LOS PADRES DE UN TRABAJO BIEN HECHO EN 8 MESES

Moitas grazas familia por compartir con nós a vosa experiencia

Inicio de sesión