10ª SEMANA CULTURAL
DO 27 DE NOVEMBRO AO 2 DE DECEMBRO
Espectáculo de títeres
Nesta semana cultural da man do grupo de títeres e contacontos TARABELOS, os nenos e nenas puideron gozar co conto O traxe novo do rei, un traxe moi especial que só as persoas intelixentes poden admirar.
Charla con José Julio Fernández Rodríguez
Este home polifacético, profesor universitario, periodista, escritor..., ofreceunos unha charla sobre unha fascinante aventura contada por el mesmo no seu libro Clara e o rapto do solpor. Unha historia sobre a importancia de coidar o noso planeta de xeito cooperativo.
Charla co ilustrador Manuel Uhía
Nesta X Semana Cultural tivemos a oportunidade de contar con este marabilloso ilustrador, que fixo participar aos máis pequenos, nun dos seus orixinais debuxos.
CONTOS E TEATRO INTERCONTOS 5º E 6º CURSOS
Obra de teatro POLOS PELOS!!! a cargo do grupo de teatro A MOURA de CHAíN