Skip to Content

9ª Semana Cultural

 

 Resultado de imagen de gif semana cultura

do 21 ao 25 de novembro de 2016

Non vos perdades a actuación do venres para as familias!!!

AGARDÁMOSVOS 

 

 

MOMENTOS MÁXICOS CO MAGO CALI 

Nacido en Vigo, o mago Cali conta cunha traxectoria profesional de máis de 15 anos no mundo da maxia. A súa dinámica posta en escena, ofrece un divertido espectáculo que non deixa indiferente a ninguén. Hoxe ofreceunos unha magnífica actuación na que, tanto grandes como pequenos, interactuaron e gozaron co seu repertorio.

Vede aquí unhas fotografías do evento

  


 

  CONTOS PEQUENOS

O alumnado de 6º curso adaptou e representou, para todos os nenos e nenas do colexio, os contos titulados "A noz" e "O lagarto e mailo sapo", do escritor e mestre Victoriano Taibo, recentemente homenaxeado no auditorio Lois Tobío de Gondomar.

 


 

 

  Pinga Teatro

O grupo Pinga Teatro representou uns contos moi divertidos da man da actriz galega María Carrera.

Non é a primeira vez que acode ao noso centro e, como noutras ocasións, a súa interacción co público mantivo a expectación e diversión ao longo de toda a súa actuación.

 


 

INTERCONTOS 5º E 6º

O alumnado de 5º curso representou dúas pequenas e divertidas obras de teatro "Díxomo fulanita" e "Os tres cirurxiáns".

O alumnado de 6º dedicounos uns fermosos poemas do libro Cantarolas do noso querido e recordado padriño Xosé Neira Vilas.

 


page | by Dr. Radut