Skip to Content

Conmemoracións

 DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO INFANTIL

 

O 15 de febreiro celébrase o Día Internacional do Cancro Infantil.

Desde o colexio queremos conmemorar este día, realizando un acto no patio como mostra de apoio a nenos e nenas e adolescentes que sofren esta enfermidade.

Os nosos mellores desexos de

esperanza para todos e todas

 

Deixámosvos unhas fotografías do evento e un enlace de acceso á páxina web da Asociación de axuda a nenos oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo Bicos de papel

(fai clic nas palabras subliñadas para acceder)

 

 


 DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON

DISCAPACIDADE

Este ano polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade o noso centro, xunto con entidades da provincia de Pontevedra, colabora coa campaña BAIXO O MESMO PARAUGAS que leva dous anos realizándose nos centros da provincia da Coruña.

O acto principal da campaña será unha GRAN PARAUGADA DE CORES o domingo día 3 de decembro no Náutico de Vigo ás 12:00 h onde se lerá un manifesto das persoas con discapacidade.

Dende o noso centro, cos alumnos e alumnas, decoramos este paraugas con moitos desexos para as persoas con discapacidade. Un dos máis importante é que a INCLUSIÓN SEXA UNHA REALIDADE.

 

 


 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON

DISCAPACIDADE

Desde 1992, cada 3 de decembro celébrase   mundialmente o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Queremos amosar o noso apoio a todas estas persoas no seu esforzo por conseguir a igualdade de oportunidades. 

 Para que ninguén quede atrás

 

Latexamos con vós   

 


   

2 de abril 2017

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

 

 

Resultado de imagen de AUTISMO2 DE ABRIL 2016

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA (TEA)

Durante unha semana o noso centro levou a cabo unha serie de actividades co fin de concienciar á sociedade respecto deste tipo de trastorno, promovendo a INCLUSIÓN, a TOLERANCIA e o RESPECTO cara as persoas que o padecen.

Deixámosvos unhas fotografías dos traballos do alumnado

 

Os nenos e nenas de 4º curso representaron nos seus murais os dereitos das persoas con Autismo

 


 

CANTANDO POLA PAZ

DÍA ESCOLAR DA

NON VIOLENCIA

E A PAZ

 Día Internacional da Paz 2018

Un ano máis conmemoramos o día da PAZ, non só co obxecto de recordar a morte de Gandhi, senón tamén para practicar as súas ensinanzas. Deste xeito, despois do acto no que cantamos por unha escola sen violencia e adornamos a nosa emblemática oliveira con fermosas flores, gozamos cunha serie de xogos que o alumnado de 6º encargouse de dirixir para os máis pequenos. Sen dúbida un acto de interacción e fomento do diálogo e a convivencia.

 

   
   
  
   

Fai clic neste link para acceder á colección de fichas dos xogos populares emprestados ao colexio pola Concellaría de Xuventude do Concello do Grove, baixo a responsabilidade de D. Cándido Mascato.

Podedes ver o resto de fotografías do evento na Galería de fotos

 


 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA

E A PAZ

 

 Día Internacional da Paz

 
 
30 de xaneiro 2017
 

    

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ 2016

 

O día 30 de xaneiro celebrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Nesta data conmemórase a morte de Mahatma Gandhi, líder nacional e espiritual da India e lembrase a necesidade de educar na tolerancia, a solidariedade, o respecto aos  Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Deixámosvos unha pequena mostra da celebración deste día no noso centro.

Tedes á vosa disposición, na galería de fotos desta páxina web, máis fotografías do evento.



page | by Dr. Radut