Skip to Content

ACTIVIDADES

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

23 DE ABRIL DE 2018

 Celebramos o Día do Libro realizando lecturas no patio, é o que chamamos, Apadriñamento lector, unha proposta sobre o fomento da lectura que ten moi boa acollida entre o alumnado do colexio.

Ademais, co gallo da conmemoración deste día, realizouse un concurso de carteis. Estes foron os 3 mellores. Parabéns aos seleccionados/as.

 

CURSO 6º A

CURSO 4º A

CURSO 5º B


 CONTACONTOS

O grupo teatral, Volvoreta e Voltereta, volveu ao noso cole co gallo da celebración das actividades do Día do Libro. Os nenos e nenas gozaron moito cos seus contacontos “O monstro de cores” e Chivos, chivóns”

Aquí tedes unhas fotos do evento

 

 

 

 

 

 

 

 


A biblioteca foi durante os recreos, o lugar de reunión idóneo para gozar das actuacións que, alumnado de  diferentes cursos, preparou para conmemorar o Día do Libro.

A BRUXA COME VOGAIS

IMOS CAZAR O OSO

Alumnado de 3º curso

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 E, como colofón da semana, INTERCAMBIO DE LIBROS

 


23 de abril de 2017

Día do libro

 

Gústanos   

conmemoralo

así

Resultado de imagen de dia del libro

"AZ lenguaje de signos" é un equipo de traballo dedicado á interpretación, a educación e as artes.


Nesta ocasión, e co gallo da celebración do Día do Libro, aceptaron estar con nós e interpretarnos por medio da linguaxe de signos, un conto moi divertido "PERDIDO". Tanto aos/ás nenos e nenas como aos maiores encantounos.

Grazas pola vosa visita.

 

 


 

 21 DE MARZO
DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Este curso os nenos e nenas encheron todo un bosque con poesías de Rosalía de Castro.

Xamais unhas árbores axitaron as súas follas con tanta harmonía.

 


 

 

Da comezo unha nova actividade no colexio!!!

 Coa colaboración do equipo de voluntarios/as da biblioteca, un carriño percorrerá o patio, todos os luns e xoves, durante os recreos con libros de diversas temáticas para que o alumnado que o desexe goce da lectura.

  Esperamos que a actividade vos guste e teñamos moitos lectores e lectoras.

 

 

 


 



ALUMNAS DO NEIRA VILAS GAÑADORAS DO CONCURSO DE DEBUXO DE GONDOMAR

QUE É PARA TI O MERCADO?

FONTE FOTO: www.telemariñas.com (pulsa no enlace para ver o artigo)

O primeiro premio acadouno Zaira Troncoso Simoes de 3º curso

O premio Telma Moreno Alonso de 1º curso

Ademais lograron accésits Nerea Alonso Rodríguez de 5º e Andrea Misa Míguez de 1º

PARABÉNS A TODAS

 

 

 

         23 DE ABRIL 2016, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

 IV CENTENARIO DA MORTE DE MIGUEL DE CERVANTES,             WILLIAM SHAKESPEARE E GARCILASO DE LA VEGA

Así conmemoramos este gran día, apadriñando un neno ou nena ao/á que espertar, a través da lectura, o gusto pola mesma e o pracer de imaxinar.

 

 

 


TRANSVERSALIDADE NAS AULAS

Dentro dos temas transversais do currículo de Educación Primaria, contémplase a educación para o tempo libre e o lecer e así debuxaron os nosos nenos e nenas como aproveitar os seus momentos de entretemento

 


SAMAIN 2015

SAMAIN 2014

Que é e por que se celebra o SAMAÍN?

O Samaín, que significa o remate do verán, é unha festa de orixe celta que provén do século XIX.

A noite do 31 de outubro servía como celebración do remate da colleita. A cultura Celta cría que esta noite os espíritos volvían pasear polo mundo dos vivos, polo que comezaron decorar as cabazas e nabos de forma terrorífica, para escorrentar aos supostos espíritos dos mortos. Esta tradición continúa ata a actualidade pola exportación dos irlandeses a moitas partes do mundo e aos Estados Unidos sobre principios do século XX, converténdose no famoso HALLOWEEN que deriva de Todos os Santos.

Así que xa sabedes, a noite do 31 de outubro, tedes que disfrazarvos do máis terrorífico posible e pasar unha noite de MEDOOOOOOO!!!

No colexio, a Comisión de Dinamización da Biblioteca, pon a disposición de quen queira, literatura infantil e xuvenil para gozar dos recreos máis arrepiantes.

Aproveitade a ocasión!!!

Deixámosvos unhas fotografías do que aconteceu este días de medo no cole

 

 


 

Día do libro, 23 de abril

  


Hoxe celébrase en todo o mundo o día internacional do libro. O 23 de abril de 1616 falecían escritores de gran relevancia como, Miguel de Cervantes Saavedra e William Shakespeare, motivo polo que, a "Conferencia General da UNESCO" elixiu este día para render tributo aos libros.

Tamén nesta data se outorga no noso país, O Premio de Literatura en Lingua Castelá, Miguel de Cervantes que este ano, recaeu na figura literaria do barcelonés Juan Goytisolo, cultivador dunha variada obra en diferentes xéneros como novela, ensaio, memorias e libros de viaxes. Entre as súas producións máis recentes destacan Makbara (1980), La saga de los Marx (1993) e Carajicomedia (2000).

No noso centro quixemos conmemorar este día tan especial facendo Lecturas ao sol.

Deixámosvos unhas fotografías da actividade.

E non esquezades xamais o que moi sabiamente escribiu Cervantes

 

"EL QUE LEE MUCHO Y ANDA MUCHO, VE MUCHO Y SABE MUCHO"

 

   


 

INTERCONTOS

 Un curso máis celebramos a semana de teatro contando contos entre ciclos.

Aquí tedes unha pequena mostra. Agardamos que vos guste. 

 

    


 

  "DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR"

   Como ven sendo habitual o 24 de outubro  celebramos o día das bibliotecas      escolares.Este ano o lema é

"A BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADOR DE     INNOVACIÓN".

 

No cartaz que se amosa faise referencia a diversos intrumentos que nos permiten acceder ao mundo do saber e nos axudan a construír coñecemento. Confírmase neste contexto, a Biblioteca escolar como un espazo privilixiado para integrar estes medios en prácticas pedagóxicas activas e acordes ás necesidades do alumnado que se forma nas nosas aulas.

Para a conmemoración desta data dende o Equipo de Biblioteca elaboraranse unha serie de actividades de Formación de Usuarios, adaptadas a cada ciclo que se realizarán ao longo da vindeira semana.

Estas actividades teñen como obxectivo:

  1. Dominar o espazo da Biblioteca e as súas seccións.
  2. Coñecer e comprender o sistema de ordenación de documentos segundo a CDU (Sistema de Clasificación Decimal Universal).

 

¡FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!

  


 

NOVA SINALIZACIÓN NA BIBLIOTECA

Nestes primeiros días de curso estamos a cambiar a sinalización da Bilioteca,aproveitando que estamos a reorganizar os fondos e facendo tamén unha expurga daqueles que non son axeitados para o noso alumnado.

En primeiro lugar, estamos a situar en lugares visibles uns posters plastificados que elaboramos para orientar ós usuarios sobre a Clasificación Decimal Universal (CDU). Este é un sistema no que se organizan os documentos dunha biblioteca atendendo a 10 grupos de materias (dende o número 0 ata o número 9) e a cada materia se lle adxudica unha cor distintiva.

Seguidamente mostramos un destes posters indicativos.

Na Biblioteca os andeis estarán rotulados coa cor correspondente a cada unha destas materias.

Por outra banda, situamos nos cantos dos andeis os novos indicadores temáticos. Coidamos que deste xeito será máis doado mergullar entre os nosos libros, que son moitos.

Así son algúns dos indicadores temáticos.

               

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Así quedaron os andeis da biblioteca coa nova sinalización:

 

 

 

 


 

Certame Literario 

Rematado o Concurso Literario queremos agradecervos a todos e todas a vosa participación e propoñervos que sigades practicando o bo costume de escribir.

Parabéns aos seleccionados/a

1º CICLO- El niño que quería volar por David Pintos Fontán

2º CICLO- A ra viaxeira por Clara Rey Barona

3º CICLO- La Caza Misteriosa por Luca da Silva Misa

 

Os nosos parabéns para Ana Bringas López polo ACCÉSIT conseguido pola súa reflexión poética e por animar co seu exemplo, aos nenos e nenas, a amar a literatura.

Voces 


 

A ALIMENTACIÓN

Durante o 2º Trimestre estivemos traballando de forma conxunta todo o alumnado do colexio no tema da Alimentación.

Despois de buscar a información axeitada ao que queríamos estudar (tipos de alimentos, orixe, nutrientes, clasificación dos alimentos, hixiene alimenticia….) recompilamos e seleccionamos a mesma e elaboramos os nosos productos finais para facer unha Exposición activa na Biblioteca onde todos puidemos aprender cos traballos elaborados por todo o cole.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

No 1º Ciclo traballaron a orixe dos alimentos (orixe animal, vexetal ou mineral), tamén estudaron o importante que é a conservación dos alimentos e aconséllannos consumir preferentemente productos frescos.

Coñeceron os distintos postos que hai nos mercados(carnicería, peixería, froitería, panadería…) e traballaron arreo para facer o seu propio mercado de plastilina, neste pódense comprobar cada producto coa súa etiqueta na que se indica o prezo por unidade ou kilogramo de peso.

Velaí algunhas fotos para que vexades o bonito que lles quedou!

  

Tamén aprenderon para que serven as básculas que teñen os vendedores/as nos seus postos.

Para poder por en práctica todos estes coñecementos nesta exposición os compañeiros do 1º ciclo deixaron unha folliña cuns problemas moi sinxelos para que os demais tentedes resolver. Ademáis deixaron unha caixiña con moedas e billetes que podemos empregar para familiarizarnos cos euros e céntimos por se decidirades…ir de compras.

 

Entre todo o alumnado do 2º Ciclo elaboraron unha fermosa pirámide dos alimentos con caixas, cada caixa representa un grupo de alimentos. Mirade que fermosa lles quedou.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

No 3º Ciclo, os alumnos de 5º adicáronse a averiguar se a alimentación do noso alumnado era axeitada. Para iso estudaron as enquisas que o Equipo de Bilioteca elaborou e  enviou ás familias.

1º Recolleron as enquisas e anotaron os datos nunha táboa de rexistro. Despois fixeron unha 2º táboa de rexistro cos resultados totais e sobre ela crearon cos ordenadores follas de cálculo e os gráficos de sectores das 10 preguntas.

Despois fixeron gráficos de barras das 10 preguntas, para así traballar cos diferentes tipos de gráficos.


Posteriormente fixeron preguntas para que o resto do alumnado soubese interpretar os gráficos.

 E finalmente chegaron a unha conclusión:

“A ALIMENTACIÓN NON ESTÁ MAL, PERO HAI QUE MELLORALA.”

Tamén estudaron os valores enerxéticos dos diferentes alimentos.

Os alumnos de 6º adicáronse a estudar a Alimentación dende a historia, preguntáronse: Que comerían os nosos antepasados?, Como elaborarían eses alimentos?, Comerían todos o mesmo?...Con todas estas preguntas comezaron a buscar información, recompilárona e con toda ela elaboraron como producto final uns Carteis informativos con debuxos da época.


 

 

 

 

Posteriormente o alumnado de 6º explicou o seu traballo ao resto do alumnado do colexio.

Outro grupo de 6º fixo un estudo sobre os obradoiros de cociña que se realizaron tratando este tema (a Alimentación) e fixeron unha exposición de fotos cun comentario de cada unha delas.

Outras actividades elaboradas foron:

A lupa dos Alimentos, elaborada por os alumnos de 3ºA/B na aula de relixión na que falaron da orixe duns alimentos moi especiais, (os valores) como son o AMOR, A AMIZADE, A SOLIDARIEDADE…..

 

TODAS ESTAS COUSAS APRENDEMOS CO TEMA DA ALIMENTACIÓN, OS ALIMENTOS SON TODOS NECESÁRIOS E TODOS XUNTOS CONTRIBÚEN A QUE O NOS CORPO TEÑA A ENERXÍA PRECISA PARA DESENROLARNOS AXEITADAMENTE.


 CONTACONTOS

 

 

 

 

 

 

 

Os nosos voceiros PEITI e EIROS anunciáronnos que o día 3 de maio chegarían ao colexio uns amigos seus a contar unhas historias moi especiais aos alumnos/as do 1º Ciclo.

Estes amigos chámanse Olalla González e Mark Taeger, ela é escritora de contos como Garavanciño, Aquiles o puntiño   … e Mark é o ilustrador destes contos.

Primeiramente estes amigos envíaronnos unha carta de presentación para que os coñecésemos e por fin chegou o día desexado.

Olalla e Mark preséntanse no cole con sendas maletas cheas de sorpresas.

¡QUE AGOCHARÁN!

MOI ATENTOS TODOS AGARDAMOS A QUE  DESCUBRAN OS SEUS SEGREDOS.

 

 

 

         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MARK COMEZA A DESCUBRIR OS SEUS SEGREDOS…PINTURAS, ESPONXAS, E UN PANO.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   ¡QUE IRÁ FACER!

NA MALETA DE OLALLA HAI MOITOS CONTOS (GARAVANCIÑO, A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA…)

Olalla comeza a contar a historia de GARAVANCIÑO e Mark vai deduxando a medida que esta transcorre.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xa está tomando forma e Mark explica o debuxo


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Debuxo rematado ¡que fermosa historia a de GARAVANCIÑO!

Continuamos a sesión moi animados e contándonos dous contos máis, A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA E AQUILES O PUNTIÑO


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os nenos/as comentan o debuxo co que ilustraron a historia, ¡Non se parece moito a Carapuchiña que eles coñecen! O parecer Mark situou a Carapuchiña na China, ¡Isto si que foi un final diferente! Moi divertido e fermoso.

A derradeira historia foi a de Aquiles o puntiño, mirade que fermoso debuxo resultou.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MARK E OLALLA DEIXARON COMO AGASALLO OS FERMOSOS DEBUXOS RESULTANTES DAS HISTORIAS, CON ELES DECORAREMOS ALGÚNS ESPAZOS DO COLEXIO, E ADEMÁIS DEIXARON UNHA TAREFA ÓS ALUMNOS/AS; IMAXINAR UN NOVO MUNDO PARA AQUILES O PUNTIÑO.

Os traballos resultantes desta actividade creativa enviarémosllelos ós nosos amigos (Olalla e Mark) para que os expoñan no seu blog.

Todos  gozamos con esta actividade .


 

23 DE ABRIL

 

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

 O 23 de abril celebramos no colexio o día internacional do libro. Para conmemorar esta data decidimos facer algo diferente o que viñamos facendo habitualmente e proxectamos unha película.

Escollemos unha película de animación que tiña como temática fundamental O LIBRO. O título é       “ EL SECRETO DEL LIBRO DE LOS KELLS”, foi nominada a os oscars como mellor película de animación no 2010.  Conta as aventuras dun neno de 12 anos que vive nunha abadía  para protexer e conseguir rematar un libro moi importante.

A actividade tivo lugar despois do recreo. Proxectouse na biblioteca para os cursos de 1º, 2º e 3º e no salón de actos para os cursos de 4º, 5º e 6º.

Os alumnos/as estiveron moi interesados e intrigados ata o final.


Posteriormente en cada aula os  titores/as traballaron  partindo da película o vocabulario empregado  (tinta, abadía, escritorio, ilustrador…), tamén se fixeron preguntas  sobre a comprensión da película e traballos plásticos sobre o que máis lles gustou. A película ofrécenos tamén a posibilidade de traballar o cómic e outras áreas.   

Ademais no pasillo central do segundo angar fixemos unha exposición con tódolos libros elaborados por os alumnos/as de 3º  ao longo deste curso.

 


Tamén fixemos entrega a todo o alumnado do novo carné de socio da Biblioteca, neste aparecen os seus datos xunto a un código de barras o que nos facilitará nun futuro as funcións de préstamo e devolución. Este carné deben mantelo ata o final da Primaria.


OS LIBROS ESTÁN CHEOS DE SEGREDOS, ATRÉVETE A ATOPALOS.

 


 

MENÚ DE CONTOS 

 

Dende a Biblioteca propuxemos esta actividade que se levou a cabo durante o 2º trimestre e a primeira parte do 3º trimestre.

O obxetivo é, ademáis da animación a lectura, achegar ós alumnos/as a idea de que  nun libro non só hai letras, senón unha morea de historias vivas.  Para continuar traballando o tema da Alimentación propuxemos títulos que nos axudan a traballar este tema. 

Na entrada do colexio apareceron PEITI E EIROS co seu pequeño Restaurante ofertando ós alumnos/as un menú composto por 4 títulos.

Ademáis ofreceron a oportunidade de degustar outros moitos títulos con esta temática.

 MIRADE QUE BONITO!!

Os libros podíanse ler durante os recreos e tamén traballar con eles na hora semanal de Bilioteca que cada curso ten asignada.

Cada titoría dispuxo dunha serie de propostas de actividades para realizar antes da lectura e  despois da lectura de cada un dos libros propostos, (comentar os títulos dos libros, dramatizacións dos contos, buscar información sobre os alimentos que aparecen neles, realización de actividades plásticas, etc).

Ademáis un expositor , tamén na entrada do colexio, acompañounos durante este tempo con curiosidades sobre a Alimentación e consellos para mellorar a nosa súde .

OS CONTOS AXUDÁRONNOS A COÑECER MÁIS SOBRE OS ALIMENTOS E A MELLORAR OS NOSOS HÁBITOS ALIMENTARIOS.

OS BOLECHAS E A ALIMENTACIÓN

Neste 2º trimestre estamos a traballar a "ALIMENTACIÓN" e os alumnos do 2º Ciclo empregaron para introducir os tema a uns amigos moi especiais, OS BOLECHAS. Leron algúns dos seus libros relacionados coa alimentación, "Os Bolechas van o Super", Os Bolechas van a Hamburguesería"... Posteriormente os alumnos de 3ºA e 3º B quixeron imitar o  pai dos Bolechas (PEPE CARREIRO) e puxéronse mans a obra para elaborar os seus contos. Fixeron un bo traballo.

Como colofón a este traballo o día 2 de marzo veu visitarnos ao colexio o gran PEPE CARREIRO.

Ofreceunos unha charla debuxada na que todos se divertiron aprendendo os trucos para debuxar os Bolechas e preguntando todas aquelas curiosidades que tiñan sobre uns dos seus presoaxes favoritos.

Unha vez rematada a charla o autor asinou alguns libros incluso aqueles que eles mesmos elaboraron.

MOITAS  GRAZAS PEPE POR AGASALLARNOS  UN POUCO DO TEU TEMPO!.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut