Cada mes chegará ao noso cole, este xornal escolar "O Papagaio".
Un xornal ilustrado para a xente miúda, que ten o propósito de divertir e mostrar todo o que acontece no mundo e, sobre todo, en Galicia: na ciencia, na cultura, no deporte, etc. Da mesma maneira que os adultos teñen o seu xornal para informarse, queremos que os nenos e as nenas teñan o seu.