Blogues

REVISTA O PAPAGAIO NÚMERO DO MES DE MAIO

No mes das Letras Galegas chega a Revista O Papagaio en formato dixital.

Preme neste enlace para acceder.

COPLAS para O MAIO 2020

Podedes ver as Coplas do CEP Marcos da Portela. Ano 2020 (enlace)

Coplas elaboradas polo alumnado e as súas familias (enlace)

Parabéns por este fantástico traballo!!

Maio confinado do CEP Marcos da Portela 2020

Xa podedes ver o video elaborado grazas ás achegas que fixestes dende as vosas casas.

Grazas a todo o alumnado, profesorado, familias, Anpa O Miradoiro e todas e todos os que participastes para facelo posible. Esperamos que  vos guste!

A profe de música canta unha copla do Maio

Achégase a data e xa temos ganas de Maio, aínda que este ano será virtual.

Rocío, a profe de música, anímase e cántanos unha copla. 

Seguro que vos gusta!! ENLACE

Coplas cantadas na Ferrería. Maio do ano 2019

Para ver o video do Maio do 2019, cantado na Ferrería pica aquí

CONTOS DO MARCOS DA PORTELA POLO DÍA DO LIBRO

Ola!! Hoxe, 23 de abril, con motivo do Día do Libro, queremos acercarnos un pouco a todas e todos vós a través da lectura. Esperamos que disfrutedes!

O DOMADOR DE SOÑOS Contado por Pili

O CROCODILO NAMORADO Contado e signado por Rosa

Revista O Papagaio

Neste enlace podedes ler o número da revista o Papagaio correspondente ao mes de abril.

LIBROS DIXITAIS DE INGLÉS EN BLINKLEARNING

Todo o alumnado pode ter acceso aos libros dixitais de inglés a través da plataforma BlinkLearning.

Cada clase terá un código diferente que recibirá a través dunha mensaxe en Abalar.

Para crear unha conta podedes consultar os pasos premendo aquí onde atoparedes un PDF explicativo.

Os pasos principais serían crear unha conta e unirse a unha clase:

1. Crear unha conta (páxina 2 do PDF).

CISCO WEBEX MEETINGS

Servizo de videoconferencias WebEx (vídeo titorial para o uso do  alumnado).

Tamén se pode acceder coa URL que proporciona cada profesor/a, e  premendo en  "UNIRSE"

 ATENCIÓN!! Utilizar este servizo, a través dos números de teléfono que aparecen neste vídeo, supón un gasto para o usuario/a do móbil!

TI PODES!!

Todo o profesorado do C.E.P. Marcos da Portela, en vista de  que esta situación ten que prolongarse, quérevos enviar esta historia do libro "Cuentos para entender el mundo", para que saibades que sodes quen de seguir aguantado! Ánimo a tod@s!

 

Preme para escoitar outro conto:https://youtu.be/JLLEjTwvNsg

Distribuir contido