A clase de música |
|
|||
Na clase de música andivemos toda a semana a traballar cancións relacionadas con Halloween / Samaín acompañándoas con paus chinos ou vasos de plástico. Velaquí quedan varios exemplos:
|
|||
O alumnado transformou a silueta dos instrumentos cos que estamos a practicar estes días en monstros terroríficos (pero simpáticos) de cara ao Samaín que xa vai asomando a patiña. Velaquí o vídeo de mostra. |
|||
|
|||
O alumnado de cuarto e quinto tivo a súa primeira aproximación á frauta este curso repasando cousas xa sabidas. No curso de cuarto fixemos "Funky Stuff", un tema con só dúas notas (SI e LA), que tamén fixeron en quinto pero á que lle engadiron a nota SOL na canción "Hard luck". Velaquí quedan para que lembredes o ritmo! |
|||
O alumnado de terceiro e cuarto comezou os seus primeiros pasos coa frauta, a súa primeira canción só ten a nota SI e velaquí o vídeo que usamos para aprendela:
|
|||