EDUCACIÓN FÍSICA

Recursos y actividades desenvolvidas na materia de Educación Física

Quédate en casa coa Educación Física

   XUÑO 2020

 

Olaaaaa!

Chegamos á recta final do curso e, como non podería ser doutra maneira, que mellor que rematar xogando, bailando e divirtíndonos. Lembrade que a actividade física nos axuda a estar máis activos, espertose, divertidos e con máis capacidade de traballo; pero sobre todo, contribúe moi positivamente a manter e mellorar a nosa saúde.

Esta proposta que vos deixo aquí non invalida as anteriores. Con esta trato de completar todo o anterior. Non tedes porqué facer as actividades segundo as vexades nos enlaces, sempre as podedes modificar en función dos espacios dos que dispoñades.

Finalmente, non esquezades que todos somos responsables dos nosos actos nesta pandemia. Agora que xa estamos saíndo adiante, é moi importante seguir respectando as normas: lavar as mans, usar mascarilla, gardar distancias e sermpre ser cumplidores coas normas que nos dan as autoridades sanitarias. Moito ánino!

 

Xogo de Orientación

 

Xogo da columna

Obradoiro de xogos

Una sesión de Ed. Física

Cousas de Ed. Física

Reto da volta ao mundo II

Piratas: circuito de

habilidades básicas

 

ABRIL-MAIO 2020

 

Ola de novo!

A través dos correos electrónicos e polo que me din os compañeiros, vexo que, moitos e moitas cde vos xunto coas vosas familias, facedes cousas moi divertidas cos xogos, bailes e actividades física. Nos seguintes enlaces déixovos algunhas cousas máis que vos poden dar ideas para non caer no sedentarismo. Ánimooooo!

Retos Divertidos

 

Trucos de maxia
Máis Bailes Una Sesión De Ioga

50 Ideas

Taboeiro de xogos motores

Alimentación

Reto da

volta ao mundo

O Deporte de Orientación

Outras alternativas

Móvete (Consellería de Educación)

Picando co rato en cada unha das imaxes, accederás ás actividades.

 

 

MARZO 2020

Son moitas as actividades que, dentro do ámbito da Educación Física podedes desenvolver. Trátase de manter o corpo activo, xa que iso axuda a manter a nosa mente activa, o cal mellora a nosa saúde e o noso estado anímico.

Ademais de manter a actividade, tamén debemos ser moi disciplinados cos bos hábitos para mellorar a nosa forza de vontade e ter unha actitude positiva, mesmo cando as cousas complícanse:

  • Levantarnos e deitarnos nos horarios habituais.
  • Controlar a alimentación, non debemos comer calquera cousa e en calquera momento.
  • Dedicar un tempo ás actividades do colexio (con pequenos tempos de descanso).
  • Practicar hábitos de hixiene e limpeza.
  • Colaborar nas tarefas da casa.E por suposto xogar. Pero tendo en conta  os espazos que tedes e sempre coa supervisión dos adultos que estean convosco. Pode ser un bo momento para recuperar xogos populares que se poidan desenvolver nos espazos dos que dispoñedes (comba, mariolas, a goma...), xogos de cartas e xogos de mesa.
  • A lectura tamén é un bo recurso que abre a nosa mente e coa que descubrimos mundos que ninguén máis os poderá imaxinar coma nos.

 Nos seguintes enlaces podedes acceder ao contido

Quedate en casa   

divertido

Enlaces interresantes

O Deporte da Loita Libre. Plan Proxecta: Coñece o me club (Xogade)

proxecto Descubrindo o Norte, incluído no Plan Proxecta da Consellería de Educación e dentro do programa "Coñece o meu Club" de Xogade, o noso colexio participa na campaña de promoción da Loita cunha serie de actividades nas clases de Educación Física que culminarán nunha xuntanza de varios colexios no pavillón deportivo do campus universitario "Lagoas Marcosende" da universidade de Vigo  co alumnado de 4º. E todo en colaboración co Club de Loita Sabarís o Servizo Provincial de Deportes e o Servizo de Deportes da Universidade de Vigo.

Nestes días estamos desenvolvendo unha unidade didáctica de iniciación aos “deportes de loita”. Do mesmo xeito que todos os deportes, esta actividade, aporta moitos aspectos positivos:

•Desenvolvemento das habilidade motrices básicas.
•Mellora da condición física.
•Desenvolvemento de condutas sociomotrices positivas.
•Mellora da autoestima e seguridade nun mesmo debido á análise da situación e toma de decisións.

Na seguinte imaxe atópase o enlace á galería fotográfica

Galería Fotográfica

Minivoleibol e coeducación.