Skip to Content

Novas da renovación de parte do Consello Escolar.

Acta da proclamación dos novos membros do Consello EScolar no taboleiro de secretaría.

CONSTITUCIÓN DO NOVO CONSELLO ESCOLAR O DÍA 30

Parabéns a toda a comunidade escolar.

ATENCIÓN, O MARTES 23 SON AS VOTACIÓNS

Pais/nais ou titores legais horario 9:15 a 10:30h/ 13:00 a 13:50h/ 16:00 a 17:30h

Tedes os candidatos aos tres sectores no taboleiro de secretaría.

Foron enviadas as citacións aos pais/nais membros da mesa electoral. 

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. Clica para ler.

Aspectos destacados:

O xoves día 21 de outubro as 12:00h procederase ao sorteo para a designación dos membros da Xunta electoral. Tedes a acta cos resultados no taboleiro de secretaría.

O día 3 de novembro, constituirase a XUNTA ELECTORAL, que ten a competencia de concretar o calendario electoral.  A tedes no taboleiro de secretaría.

A renovación dos membros é parcial: 

  • 2 representantes do sector pais/nais
  • 3 representantes do sector profesorado
  • 1 representante do sector P.A.S

Co obxecto de manter os periodos de renovación, os membros do Consello Escolar elixidos conforme ao proceso adiado no curso 20/21 serán nomeados por un período de 3 cursos escolares.

As eleccións de todos os sectores terán lugar  o día 23 de novembro. 

Prazos de interese para as familias:LER CIRCULAR

O día 5 publicouse o CENSO de pais/nais ou titores legales (na cristaleira de secretaría) Revisádeo. Ábrese un periodo de reclamacións ata o día 15 de novembro.

Prazo para a presentación de candidaturas dos diferentes sectores: Do 8 ata o 15 de novembro ás 14:00h (modelo en secretaría nas datas)

 

AnexoTamaño
1_renovacion_consello_escolar.pdf434.37 KB
circular_familias.pdf433.72 KB


page | by Dr. Radut