XOGOS POPULARES DE ANTAÑO

Acabouse o día e alá foi a romaría... que ben o pasamos desfrutando dos xogos populares do Concello do Grove!!!!

A Comisión de Actividades Extraescolares do centro e máis as profes de Educación Física, pensaron que sería unha boa idea recordar a que xogaban os nosos pais e nos nosos avós, con xoguetes feitos por eles mesmos con aquelo que lles ofrecía a súa contorna... reciclaban que diriamos aghora. Tiñades que vernos xogar á chave, á campá, rodando os aros... facendo as torres de carozos ou encaixando os ovos...

As nosas gracias máis expresivas á Concellaría de Xuventude do Concello do Grove pola súa iniciativa, pola súa xenerosidade de emprestar sen percibir nada a cambio e ao, xa noso amigo, Cándido. Contade con nós para vindeiros anos!!!