Blogues

Novidades na Biblioteca Escolar!

Estes son os libros que están á vosa disposición no estante de Novas Adquisicións. Lembrade que mentres estean neste estante podedes lelos na biblio, pero se queredes levalos en empréstito, teredes que agardar a que estean colocados no estante correspondiente.

8 de marzo - Biblioteca do CEP Ventín

A celebración das Nacións Unidas do Día Internacional da Muller recoñece e homenaxea ás mulleres e as nenas e ás organizacións de mulleres e feministas que están a loitar polo avance da tecnoloxía transformadora e polo acceso á educación dixital. O Día Internacional da Muller de 2023 explorará os efectos da fenda dixital de xénero no crecemento das desigualdades sociais e económicas. Tamén poñerá de relevo a importancia de protexer os dereitos das mulleres e as nenas nos espazos dixitais e de abordar a violencia de xénero en liña e a facilitada polas novas tecnoloxías da comunicación.

 

A coeducación e a igualdade

Dende o Departamento de Orientación programase para este 2º trimestre, a temática de A coeducación e a igualdade, creando en colaboración coa Biblioteca Escolar, un espazo de achegamento, curiosidade, información sobre este aspecto tan destacado na nosa sociedade actual. Tedes recursos picando na fotografía

coeducación

Distribuir contido