Outras actividades

O ALUMNADO DO 1º CICLO LIMPA A PRAIA

O alumnado do 1º ciclo acompañado das titoras e titores viaxa a praia para realizar unha xornada de recollida de lixo. Esta actividade está enmarcada dentro do programa Voz Natura no que o noso centro participa. Moi importante o labor realizado así como a concienciación de cara ao coidado e respecto polo medio ambiente.

MÁIS FOTOS NA GALERÍA

MURAL ROSALÍA

O pasado 24 de febreiro de 2014 celebrouse o "Día de Rosalía" . A actividade de pintado dun gran mural nas paredes do patio cuberto non puido levarse a cabo debido ao mal tempo. Agora,  grazas a colaboración do alumnado de 6º e as labores de coordinación de Vanesa, Olivia e Muñiz xa podemos gozar desta obra de arte.

 

 

 

O ALUMNADO DE INFANTIL LIMPA A PRAIA

O alumnado de infantil acompañado polas titoras, a coordinadora de ciclo e o profe de música saíron rumbo a praia para facer labores de recollida de lixo. Esta actividade está enmarcada dentro do Programa Voz Natura, no que o noso centro participa.  Con guantes e viseiras comezaron estes pequenos e pequenas unha gran labor de colaboración e respecto cara ao medio ambiente. Tamén houbo tempo para descansar, xogar e repoñer forzas coa merenda.

Ver máis fotos na GALERÍA

FESTIVAL DE NADAL 2015

BOAS A TODOS!

ESTE ANO O FESTIVAL DE NADAL SERÁ O VENRES 18 DE DECEMBRO, DE 17:00 A 20:00, NO PAVILLÓN DO COLEXIO. OS NENOS ASISTIRÁN ACOMPAÑADOS DALGÚN FAMILIAR E PODERÁN TRAER AMIGOS DE FÓRA DO CENTRO!!

TEREMOS LARPEIRADAS COMA TÓDOLOS ANOS, XOGOS, ANIMACIÓNS, E COMO NON, VISITARANOS PAPA NOEL, QUE SEGURAMENTE ALGÚN AGASALLO TRAERÁ.

ESPERÁMOVOS A TODOS!!!

 

Distribuir contido